//
estás a ler...
Uncategorized, Xestión Cultural

A Trastenda dos Contos


Estimadas compañeiras e compañeiros:

Son Felipe Díaz (Caxoto) de DINAMO SL aínda que desta volta quero presentarvos un proxecto persoal paralelo no que estou inmerso e que creo que pode ser tamén do voso interese.  Tratase de “A Trastenda dos Contos” un novo proxecto en torno ó conto pensado para levar a cabo en bibliotecas, centros educativos, prazas públicas e  calqueroutro espazo onde o público estea ávido de escoitar, ver e emocionarse a través da palabra, da imaxe e dos sentimentos.

Neste proxecto queremos dar saída a un novo enfoque arredor da animación á lectura que se caracteriza pola multidisciplinaridade das persoas involucradas nel . Desta forma conxugamos en torno ó conto un enfoque educativo (maxisterio, educación social, psicopedagoxía,…), un enfoque artístico  (teatro, ilustración, música, …) un enfoque literario (contadores/as, creadores/as, …) e por suposto un enfoque lúdico (dinamizadores/as, monitores/as, ….).  Desta mistura orgánica saen propostas pensadas para nenos e nenas de 3 a 99 anos nos que a ilusión e a maxia da fantasía serven de fío conductor para as nosas historias.

Como recén nacido que é, neste proxecto imos dando os primeiros pasos á hora de presentar a nosa filosofía e propostas. Regularmente enviaremos correos que incluirán as nosas propostas ordenadas segundo os temas arredor do que xiran (igualdade, medioambientais, literarios, …) ou segundo as datas para as que están pensados (entroido, letras galegas, nadal, …). Pero podes seguir o día a día da nosa Trastenda a través do Facebook “A Trastenda dos Contos” no que iremos dando conta tanto das nosas propostas como das nosas andanzas a través de salas e bibliotecas do pais.

Como adianto enviamos adxunto neste correo 2 documentos: a presentación da Trastenda dos Contos e unha primeira (aínda que tardía) proposta para o Día das Letras Galegas.

Por suposto podedes solicitarnos toda a información que queirades sen compromiso algún a través do teléfono 653 61 61 26 ou do enderezo electrónico caxotocativo@gmail.com

E  máis nada por agora. Agradecer esta atención prestada e esperar que este novo e ilusionador proxecto acade un espazo dentro do teu equipaxe ben sexa como profesional, como nena/o que nunca deixou de selo ou simplemente como amante dos contos e das palabras.

Unha aperta agarimosa

Sigue o noso día a día no Facebook  “A Trastenda dos Contos”

Felipe Díaz (Caxoto) – 653 61 61 26

caxotocativo@gmail.com

PRESENTACIÓN A TRASTENDA

About these ads

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.

Únete aos outros 340 segidores

%d bloggers like this: