//
estás a ler...
Uncategorized

A INTENCIÓN


A intención deste blog é a de comezar unha acción de comunicación dixital no eido da cultura. Basease na edición e difusión dun contido de calidade (de interese para os participantes). Estos participantes serán non só os lectores-receptores, senon temén os autores-creadores do contido. Desta creación debe xurdir unha “ideoloxía”, un pensamento construido en común que guie posteriores acción e transformen a realidade cultural, dándolle un maior protagonismo á cultura, dándolle centralidade, situandoa no lugar protagonista que debe ter na sociedade como tranformadora e peza clave no benestar social.

A acción de comunicación dixital iniciada non se basea nun soporte concreto, senón que no futuro pretende difundir os contidos por moitas canles (dixitais), empregando blogs, webs, microsites, redes sociais, vifeoportais, news letters, ou calquer outro medio que permita que o contido poida chegar.

Contido de calidade, pretendese crear unha comunidade na que os mesmos receptores sexan tamén autores, e con isto acadar a marca de calidade fixada “un contido útil e de interese para autores-lectores”. Sen prexuizos, nin parametro estrítos, sen intención de chegar a todos.

Ideoloxía transformadora, coa pretensión de construir en común un ideario compartido, crear un marco ideolóxico que guíe as intervencións técnicas (a xestión, a creación, a difusión…). Que permita facer visible á sociedade é ás institucións a un colectivo cohesionado, identificable e influinte. A iniciativa ten un clara e transparente intención de influir e transformar a realidade social e cultural.

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: