//
estás a ler...
Uncategorized

Comunicación en Cultura, colaborar ou competir.


Parece razoable comunicar competindo por que sexa a nosa mensaxe a que ocupe a interese dos públicos e que a difusión cultural entre en competencia con outros emisores, o que nos podemos pretender e que se nos preste atención a nós, quitándolla a outros. Pero no eido cultural, penso que hai marxe para ampliar mensaxes, difundir ampliando os públicos e os ámbitos nos que estos acceden á información cultural, e sobre todo difuminando as barreiras creador – espectador, podendo abrir a porta á colaboración.

A colaboración ofrece unha alternativa para aquelas iniciativas que pretenden medrar e dotar de maior relevancia social á cultura (como esta). De feito, entendo que incidir en sensibilizar a unha comunidade nos problemas que lle afectan non se traslada a realidade cunha opción de atención focalizada, senón máis ben esa comunidade, concienciada, sensibilizada e ben informada, estará a un tempo máis preocupada (e interesada) polo medio ambiente, pola educación, pola cultura, polo problemas sociais, sen que un intese nunha destas áreas merme o interese dun cidadán polas outras. Máis ben o contrario, o interese acadado nun ámbito cultural leva a un interese noutros, leva a trasladar experiencias e actitudes a outros ámbitos do coñecemento e da realidade.

E iso pretendo, non competir, colaborar, conseguir un área de difusión non con información nunha única direción, senón recíproca, dun creador, dun xestor, do público, dun comunicador,… enriquecedora para todos.

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: