//
estás a ler...
Uncategorized, Xestión Cultural

Asociación Galega de Profesionis da Xestión Cultural


Despois de varios anos de traballo para crear unha asociación que defendera os intereses e visualizara a relevancia social que debe ter a xestión cultural, e do loable esforzo dunha primeira xunta directiva, o pasado 10 de febreiro (se quero mellorar este blog terei que ser máis rápido a próxima vez), celebrouse no auditorio do Museo do Pobo Galego Santiago de Compostela unha asemblea ordinaria da Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural. Nela renovouse a xunta directiva.

Reformuláronse as comisións de traballo que pasan a ser, a Comisión de Formación, a de Políticas Culturais e a de Profesionalización. Debatíronse as novas necesidades (e as vellas) as que debe enfrontarse a Asociación (a profesión) e tomáronse decisión interesantes, medidas para a captación de novos socios, e o inicio de accións encamiñadas á presenza na rede e aproveitamento das TICs como ferramentas de comunicación. De aí, e xa en moi pouco tempo crease un perfil en facebook (http://www.facebook.com/album.php?profile=1&id=100002114951155#!/profile.php?id=100002114951155&sk=wall)  e relanzase a web (www.xestoresculturais.org) cun apartado de novas actualizado e de interese.

Son espazos dinámicos e tamén participativos (pídese a colaboración dos socios para a construción dos contidos, ábrense as portas a lazos de colabaración ao exterior da Asociación. E tamén moi interesante as posibilidades (creo que a día de hoxe aínda non é así) que hai de potenciarse mutuamente, con contidos, colaboracións e relacións entre os dous espazos, máis outros que poida haber no futuro.

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: