//
estás a ler...
Uncategorized, Xestión Cultural

Teoría da espiral do silencio


Esta teoría parte do principio de que os individuos teñen opinións persoais que non manifestan a menos que teñan apoio doutros. A persoas observamos intentando descubrir as actitudes e crencias con máis apoio e cales ás que producen un maior rexeitamento, cada individuo ante o temor de ser illado inhibe opinións e ideas que considera van ser rexeitadas. Así as ideas maioritarias ven así ampliado os seu predominio, seguindo un proceso espiral.

Unha persoa que non opina como os demais cala, e este silencio contribúe a que os que pensan coma el tamén calen. Podendo darse o paradoxo de que ideas con grande representación social, poidan se consideradas pouco popular, marxinal, pouco adecuada para presentarnos ante os demais. Moi importante pode ser neste senso o papel desempeñado polos medios de comunicación con capacidade para informar ou silenciar, como tamén os discursos políticos, ou os académicos.

As fórmulas de comunicación que internet abre, poden transformar esta situación, a posibilidade de plantexar as opinións persoais nunha canle de difusión coas mesmas posibilidades técnicas de difusión rompe en grande medida a espiral de silencio e a capacidade dos medios de masas para crear opinión.

Un exemplo desto pódese no uso do galego nos medios, unha poboación que emprega de xeito preferente o galego nas súas relacións persoais (o 60% no peor dos supostos e no seu peor momento en canto a número de falantes), atópase con acceso nulo a medios de comunicación nesta lingua (porcentaxes baixísimos en xornais, radio, revistas,…), pero atopa unha situación, non totalmente normalizada pero si mellor que nos caso citados, nestas novas tecnoloxías da información e a comunicación. Creará isto unha espiral de silencio? Contribuirá a que os potenciais falantes a identifiquen como pouco adecuada? Transferirase esta actitude á cultura representada nesta lingua?

A transformación social depende en grade medida das ideas, e que estas non sexan silenciadas, é un momento importante para plantexar cambios, e tamén de facer visibles aos colectivos con ideas novas, minoritarias e diferentes. No eido cultural é frecuente a información masiva de espectáculos e manifestacións culturais moi concretas, e tamén a ausencia total de información sobre aquelas creación e realidades culturais menos susceptibles transformarse en mercadoría.

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: