//
estás a ler...
Uncategorized, Xestión Cultural

LIBRO VERDE DAS INDUSTRIAS CULTURAIS


Liberar o potencial das industrias culturais e creativas

A Dirección Xeral de Cultura e Educación da Comisión Europea redactou o Libro verde das Industrias Culturais. GreenPaper_creative_industries_es

O cambios tecnolóxicos transforman a sociedade e ao sector produtivo, que debe adaptarse a unha nova realidade alonxada dos antigos esquemas baseados na sociedade industrial, agora na sociedade da información e do coñecemento, a creatividade debe acadar un novo protagonismo, a cultura, a imaxinación e innovación son factores estratéxicos para a superación de crises actuais e futuras.

“Nas últimas décadas, o mundo transformouse a unha maior velocidade. Para Europa e outras partes do mundo, a rápida implantación das novas tecnoloxías e a crecente globalización provocaron unha radical reorientación dende a industria manufactureira tradicional cara aos servizos e a innovación. As fábricas estanse substituíndo progresivamente por comunidades creativas cuxa materia prima é o seu capacidade para imaxinar, crear e innovar.

Nesta nova economía dixital, o valor inmaterial determina cada vez máis o valor material, xa que os consumidores desexan obter «experiencias» novas e enriquecedoras. Na actualidade, a capacidade para crear experiencias sociais e redes é un factor de competitividade.
Se Europa quere seguir sendo competitiva neste ámbito global en transformación, debe establecer as condicións axeitadas para que a creatividade e a innovación florezan nunha nova cultura empresarial.
Existe un gran potencial sen explotar nas industrias culturais e creativas para crear crecemento e emprego. Para conseguilo, Europa debe identificar novas fontes impulsoras dun crecemento intelixente, sostible e inclusivo e investir nelas para tomar o relevo. Unha boa parte da nosa futura prosperidade dependerá do xeito en que utilicemos os nosos recursos, coñecementos e talento creativo para estimular a innovación. A partir das nosas ricas e variadas culturas, Europa debe ser pioneira nas novas maneiras de crear valor engadido e, por outra parte, tamén nas maneiras de convivir, compartir recursos e gozar da diversidade”

Fonte:  Libro Verde das Industrias Culturais http://agetec.org/agetec/wp-content/uploads/GreenPaper_creative_industries_es.pdf

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: