CONCERTO DIDÁCTICO TICS


Amencer propon “CONCERTO DIDÁCTICO TICS”

A temática son ás novas tecnoloxías, interactividade, músicas do mundo. Cunha duración de entre 50 e 60 minutos, está dirixido a nenos e nenas de entre 6 a 12 anos.

Neste novo concerto didáctico de Son+d2, a fusión chegará a través da música e tamén das novas tecnoloxías ou “TICS”.

Trátase dunha viaxe dende o inicio dos primeiros ritmos nos tempos ancestrais, ata a actualidade, onde internet e as novas tecnoloxías, continúan e ser canle para unha das expresións culturais e formas de comunicación mais universais: a música.

Neste percorrido ao longo do tempo e das culturas falaremos de diferentes ritmos, instrumentos e tamén veremos curiosidades musicais a través da rede. Asimesmo, implicaremos ao público asistente con cancións e improvisacións.

Advertisements