//
estás a ler...
Rede Cultural Deputación Coruña, Uncategorized, Xestión Cultural

Oh, que bonito é Panamá! de Panamesiana Teatro


Panamesiana Teatro achega o dossier para o espectáculo Oh, que bonito é Panamá! incluído na Rede Cultural da Deputación da Coruña. panamesianadossierp
Oh, que bonito é Panamá! é unha peza de teatro infantil pensanda para nenos e nenas a partir dos 3 anos e conta a historia de Oso pequeno (Tomás Lijó) e Tigre pequeno (Mónica García), que viven apaciblemente no bosque até o día no que descobren unha caixa que pón ‘Panamá’ e que arrecende a plátanos. Desde ese momento Oso e Tigre emprenden unha viaxe na busca dese lugar e para daren co camiño buscan a colaboración doutros animais (interpretados por Petra Hofmann) e contan coa especial colaboración dun corvo, que lles descobre onde está Panamá, e dunha Lebre, que entre outras cousas, serve de enlace narrador entre os nosos protagonistas e o público infantil.
Este espectáculo estreouse na súa versión de rúa, no mes de xullo de 2010 en Brión, e desde entón pasou polos concellos de: Santiago, Beariz, Meira, Sarria, Pereiro de Aguiar e Boimorto e estivo de xira, o pasado verán, por diversas localidades alemás e no prestixioso festival austríaco La Strada, en Graz. Desde o mes de decembro de 2010, Oh, que bonito é Panamá! botou á andar tamén na súa versión para sala, que agora ofrecemos nesta rede, e que se representou no Salón Teatro de Compostela, no Auditorio Municipal de Narón e na Casa da Cultura de Vimianzo (polo de agora).
Panamesiana Teatro http://www.panamesianateatro.com

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: