REDRUM PRODUCCIONES. “Moito Conto”


REDRUM PRODUCCIONES presenta o espectáculo “Moito Conto”, trátase dunha comedia musical dirixida a un público familiar, a partir dos 6 anos. O é un proxecto moi singular, xa que ademais de ser unha obra de teatro é tamén un proxecto de educación ambiental.
“Moito Conto” é unha obra 100% ecolóxica, empezando polo seu argumento “reciclado”, que é unha mestura de distintos contos coñecidos por todos, e tamén a escenografía e o atrezzo, construidos con materiais reciclados ou reciclables. Tamén concienciados coa eficiencia enerxética utilizamos para iluminala tecnoloxía LED.

Para producila conta co patrocinio de SOGAMA, e traballa con unidades didácticas, para que os rapaces traballen antes e despois do espectáculo nos colexios e institutos
A obra está protagonizada por Mónica García e Guillermo Carbajo, actores coñecidos polo seu traballo na serie “Pratos Combinados”; e tamén pola actriz Tamara Canosa, que a coñeceredes pola serie “Mareas Vivas” ou por ser a protagonista da película “Pradolongo”.

Máis información Moito_Conto_DOSSIER
REDRUM PRODUCCIONES
617.334.627

Advertisements