//
estás a ler...
Rede Cultural Deputación Coruña, Uncategorized, Xestión Cultural

Maxicamente vello


Xira presentación do seu novo disco Máxicamente Vello

Roi Casal publica en febreiro de 2011 o seu segundo traballo en solitario, Maxicamente vello. Coa sonoridade característica que lle confire a arpa, a zanfona ou o bouzouki, Maxicamente vello sigue a liña de creación marcada por Roi Casal. Un disco maduro, cunha produción musical moi elaborada no que se aprecia a súa necesidade de evolucionar e compoñer.

En Maxicamente vello Roi Casal pon en valor a linguaxe universal, a comunicación, a fala a través da música. A transmisión dos valores e costumes de avós a netos, de pais a fillos, trazos inherentes á humanidade que xeración tras xeración conforman unha cultura. O desexo de aprender e o traspaso de coñecemento a través da linguaxe son unha fonte de inspiración que Roi quere reflectir.

Sobre Roi Casal

Nacido en 1980, Roi Casal é un músico, compositor e cantante galego de gran virtuosismo: toca o arpa céltica, a zanfona, o piano e o bouzoki.

Formado na arpa céltica co reputado maestro Rodrigo Romaní e no  Conservatorio Superior de Música de Madrid, entrou a formar parte de Milladoiro, o grupo mais internacional da música galega, no ano 2000.

Tras case unha década de carreira co grupo na que grava seis discos, no ano 2008 inicia a súa carreira en solitario coa publicación de Lendas douradas, un dos discos mais vendidos durante o ano 2009 en Galicia.

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: