//
estás a ler...
Rede Cultural Deputación Coruña, Uncategorized, Xestión Cultural

Propostas de Eme2 Rede Cultural da Deputación da Coruña


Trompicallo – O día que chegou unha nube e choveu

Había unha vez que non había nada máis que pedras. Entón chegou unha nube, choveu e formouse un manantial. Coa auga creceu a herba, e as flores e as árbores, na auga naceron os peixes e as ras, despois os insectos, as ovellas, o lobo… En fin, a vida. Pero que acontece cando un día a auga desaparece? Esta historia da compañía Trompicallo achega aos máis pequenos a natureza e a importancia da auga na vida.

Eme2 – Sexo? Por que non?

É un espectáculo baseado nos textos de Dario e Jacopo Fo e Franca Rame. Con Mercedes Castro sobre as táboas e baixo a dirección de Álvaro Lavín, trátase dunha comedia trepidante na que desde Adán e Eva ata os nosos días se mostran situacións cotiás en torno ao encontro carnal e ao pouco que del sabemos na sociedade occidental. O espectáculo pregúntase por que, se o sexo é algo tan central nas nosas vidas, case nunca falamos del máis que desde os complexos e o estereotipo, e faino fuxindo do chiste fácil e do bombardeo pornográfico. Un grupo de novos creadores, comandado por Lavín e Castro, faise cargo da parte artística do proxecto.

Trompicallo – Violeta Coletas contra as salchichas: ¡Gulp!

A Violeta non lle gusta estudar, gústalle ver a tele. A Violeta non lle gustan as acelgas, gústanlle as salchichas. A Violeta non lle gusta Sarita, gústalle Miguel. A Violeta non lle gusta que a súa nai lle dea ordes, gústalle escoller. A Violeta non lle gusta que o seu pai a trate como unha nena, Violeta quere medrar. A Violeta non lle gusta o seu irmán… aínda que un extraordinario suceso fará que cambie de opinión.

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: