//
estás a ler...
Rede Cultural Deputación Coruña, Uncategorized, Xestión Cultural

Abada. Propostas na rede cultural da Deputación da A Coruña


Batuko Tabanka,
BellónMaceiras Quinteto,
Nordestin@s
Ulträqäns
Ordem e Progresso

Batuko Tabanka – as voces de Cabo Verde


Batuko Tabanka é a forza da cultura africana catalizada a través das gorxas e a percusión  das mulleres caboverdianas, afincadas desde hai máis de 30 anos en Burela

BellónMaceiras Quinteto – folk fusión

Un novo xeito de entender as músicas do mundo desde Galicia, cun repertorio moderno e universal, interpretado por cinco músicos virtuosos. A gaita e o acordeón acompáñanse de contrabaixo, guitarra, batería e saxo para ofrecer unha viaxe polo mundo.

Nordestin@s – folk – jazz

Todos os ríos van ao mar. Os cantares tamén chegan a el entre voces de muller: Guadi Galego, Ugia Pedreira e un barco acibeche, o piano de Abe Rábade. Un paseo lonxe da pedra e do cemento, coa melodía das sereas acompañada do bruar do barco negro.

Ulträqäns – música frenética para festa

Incansables, estes cinco experimentados músicos, inzados de retranca e bo humor frabrican un punk-folk de ciencia ficción, frenético e rotundo, incatalogábel, pero que provoca o baile intenso do público. Presentan o seu disco en abril 2011.

Ordem e Progresso – teatro musical


Ordem e Progresso: unha ollada ao novo mundo, a ese Brasil recoñecíbel… e non tanto. O humor de Carlos Blanco chega coa cadencia do pandeiro e do cavaquinho, e o fútbol, e o sexo, e as risas.
Nesta nova aventura de humor e música, Carlos Blanco acompáñase do Sergio Tannus Trío.

Máis información

ABADA xestión cultural ® www.abada.es | 981 576 574 | correo electrónico

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: