//
estás a ler...
Rede Cultural Deputación Coruña, Uncategorized, Xestión Cultural

Crearte Servizos Culturais


Imaxínaste a Rosalía de Castro visitando o teu concello? E a Marie Curie falando de experimentos de química e radioactividade ou a un auténtico castrexo nunha biblioteca ou incluso nun castro do teu concello? E como se sentirán os teus veciños se poden participar nun divertido contacontos sobre Luís Seoane ou os mais novos experimentan co xogo dramático e o movemento con música en directo?

Dende Crearte Servizos Culturais S.L., especialistas en ocio educativo e diversión,  facemos todo esto posible a través das seguintes actividades que vos propoñemos, inscritas na categoría profesional da programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña (páxinas 11, 114, 115 e 116 do catálogo):

Coñece a… Rosalía de Castro (Dramatización) Unha actriz encarna a Rosalía e transmite a súa paixón pola poesía e pola súa terra dun xeito vivencial e participativo a través de xogos de creación literaria.

Coñece a… Briteiro o Castrexo (Dramatización) Unha divertida dramatización onde Briteiro explica como é o seu castro, a vida cos romanos e moitas outras cousas do seu tempo que permiten aprender un pouco máis sobre a nosa historia.

Coñece a…. Marie Curie e celebra o 2011 Ano Internacional da Química (Dramatización) Marie, tenaz e entusiasta, chega cargada de experimentos e paixón pola ciencia para celebrar o centenario da concesión do Nobel de Química, como primeira muller a quen se lle outorgou este premio.

Contos con arte de Luís Seoane (Contacontos) Un divertido xeito de celebrar e coñecer ao grande artista galego Luís Seoane no que os personaxes das súas pinturas saen do lenzo para se converter en protagonistas de fascinantes aventuras.

Píldora de danza expresiva: obradoiro de danza e música (Danza participativa) Os sons do bosque e dos seus habitantes: esquíos, mouchos, raposos… abren a grande porta da expresión e posibilitan aos participantes a experimentación co xogo dramático e o movemento. Actividades_Crearte_na_Rede_Cultural_Deputación

Crearte Servizos Culturais S.L. é unha empresa que xestiona e produce actividades de lecer educativo dende o ano 2002. Traballamos na dinamización cultural a través de proxectos nos campos das artes plásticas e visuais, a educación, a música, a literatura, a historia, as ciencias e o patrimonio.

Crearte Servizos Culturais S.L.

info@creartesc.es

http://www.creartesc.es

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: