//
estás a ler...
Rede Cultural Deputación Coruña, Uncategorized, Xestión Cultural

Culturactiva


Culturactiva presenta distintas propostas para a Rede Cultural da Deputación, tanto para compañías profesionais como non profesionais.

Na sección de profesionais destacan compañías como Acontrabutaca con tres espectáculos de éxito na RGTA e a súa nova tolemia dirixida por Yllana (Frantasmas), Os 7 Magníficos + 1 con outros tres espectáculos de pequeno formato válidos para calquer espazo, unha aposta que está sendo un éxito de público como as galas de Circo e Humor Ruactiva con presentador, tres compañías, acrobacias aéreas, grupo de música en directo, … todo nun mesmo espectáculo, e outras moitas propostas de teatro de interior e exterior a unha relación calidade-prezo realmente difícil de igualar.

LINK PROFESIONAIS: http://www.culturactiva.org/fotos/docs/Catalogo_%20Deputacion_A_Coruna_2011.pdf

Na sección de non profesionais contamos con algunha das compañías máis solicitadas do país como Peter Punk (un dos mellores e máis programados espectáculos dos últimos ano co seu show de sempre e que agora demáis trae o primeiro dos seús dous novos espectáculos A Chungatrona, realmente único, abraiante, divertido, gamberro…);  Cé Orquestra (O Home Orquestra todo-terreo para todo tipo de eventos, un éxito asegurado) acompañados de grandes clásicos como Roi Sixto e Rudi Dudi e grandes novidades como Mentalini e Circo Chosco que rematan de completar unha oferta de compañías completa e variada.

LINK NON PROFESIONAIS: http://www.culturactiva.org/fotos/docs/Catalogo_%20Culturactiva_Deputacion_Coruna_%20NONPRO.pdf

Como importante novidade destacar a nosa inmersión na música para este ano. Incorporamos dous grupos con moita festa, música galega e ganas de facernos bailar como A Compañía do Ruido (sete discos editados) e Sacha Na Horta (gañadores do Apolo Ghit).

Máis información
Tfno: 981 58 28 36 www.culturactiva.org
info@culturactiva.org

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: