//
estás a ler...
Uncategorized

Máxico, musical e artístico: así se presenta esta semana o programa Bocaberta


Santiago de Compostela, 4 de abril de 2011.- O programa Bocaberta ofrece esta semana múltiples e divertidas propostas de lecer para que os rapaces e rapazas de todos os concellos de Galicia poidan continuar gozando co galego.

Dúas actividades baseadas no ilusionismo teñen especial protagonismo na axenda destes días do programa da Secretaría Xeral de Política Lingüística, que inclúe tamén unha importante oferta musical e de banda deseñada en galego.

Abrapalabra e Atrapado na torre converten a programación de Bocaberta nun formato máxico. Na primeira das actividades, o encargado do espectáculo é Carlos Coira, que lles aprende aos máis pequenos trucos divertidos e fáciles de levar á práctica. Na segunda, o prestidixitador Chrystian Magic amósalles aos nenos e nenas como, a través do esforzo e a ilusión, acadou o seu soño de converterse en prestidixitador profesional.

Bocaberta tamén programa para os próximos días actividades relacionadas coa banda deseñada. Por unha parte, o debuxante Anxo Fariña segue destapando os segredos da súa profesión en Ti creas a historia; pola outra, o debuxante Fran Bueno apréndelles aos máis novos como se constrúe un cómic nos obradoiros de Galimatías.

Tampouco esquece Bocaberta a música, que cobra protagonismo cara a fin de semana. Os máis pequenos poderán gozar coas cancións en galego de Mamá Cabra nos obradoiros de Ola, ola, la! e dunha divertida visión da música tradicional galega con Olga Kirk e Pablo Díaz en Canta música!

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: