//
estás a ler...
Rede Cultural Deputación Coruña, Uncategorized, Xestión Cultural

Títeres Falcatrua


A compañía de Teatro de  Títeres Falcatrúa presenta para a Rede da Deputación da Coruña as obras: Albízaras, O Espíritu do Bosque e

SINOPSE : ALBÍZARAS

Comedia que nos presenta a Sincopeto, un titiriteiro despistado e un chisco desleixado xunto uns trastes monicreques que acaban coa paciencia do ancián comediante e, polo tanto, coas  súas ganas de seguir na profesión.

Ó se alza-lo pano o títiriteiro é pillado polo público coas máns na masa… ¡Masa de papel claro! Pois o marionetista aínda está a construír os monicreques cos que representar a obra. O despistado comediante, contrariado, pregunta a hora, ó decatarse do seu retraso, pide a colaboura do público, gracias a axuda de tres voluntarios, en só un par de minutos, Rigoberto está en condicións de comezar a función. O eso cre el. Pois aproveitando un intre no que  coloca os seus bonecos, unha sombra  se achega silandeiramente ó gran libro do titiriteiro e  absorbe as súas letras. Cando regresa Sincopeto descubre  arrepiado  o seu guión mordido e coas follas en branco. Ante a imposibilidade de representar o espectáculo sinalado decide crear outro coa axuda do público.

Tras asignar personalidades ós monicreques e artellar unha trama de amor un  tanto absurda e previsible, comeza a esperada representación.

Pero o que ía ser unha anodina función,debido a unha serie de estraños sucesos, desemboca no plante dos titeres que, desembarazándose do corsé imposto polo marionetista e o público, amosan a súa verdadeira personalidade e deciden investigar os estranos sucesos acontecidos, nos que letras e cores desaparecen de libros e obxectos como por arte de maxia. O resultado das súas pesquisas lévanos a descubrir a unha sombra con problemas de pigmentación, un amor verdadeiro e a un marionetista desesperado e canso da súa profesión.

O ESPÍRITO DO BOSQUE, SINOPSE:

Espectáculo que combina o títere tradicional cunha coidada posta en escena, na que cabe subliñar un  amplo e complexo  deseño de luces. Técnicas empregadas luva, variña e Marotte.

Comedia que narra o acontecido nun bosque ó ser invadido polo lixo e residuos urbanos, e de como Celes o trapeiro calé, mantedor inconsciente do precario medio, é captado polo ruín especulador Maldrás para que abandone a súa benéfica actividade e traslade uns misteriosos bocois ó bosque. Estes resultan ser radioactivos, polo que os habitantes da fraga  alertan a Celes.

LINOCHO E A LÚA

SINOPSE :

Espectáculo netamente marcado polos cánones do teatro de títeres tradicional (frases curtas, ritmo trepidante e participación) Técnicas empregadas luva e variña.

Érase unha vez un neno chamado Linocho que xogaba ledamente coa súa amiga Chiruca, cando de súpeto apareceu un verme xigante e birollo e… ¡zas! ¡Papoulle-lo se globo! Linocho vai na súa percura para obrigala  a que lles dea un novo  globo e así cáseque sen decatar penetra no alucinante mundo da fantasía.

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: