//
estás a ler...
Uncategorized

Bocaberta supera as 600 accións e propón máis cómic, máis música e máis maxia en galego Santiago de Compostela, 11 de abril de 2011.-


Superadas xa as 600 accións desde o seu comezo, no mes de outubro, Bocaberta 2010-2011 afronta unha nova semana máxica, musical, e artística para achegarlles a lingua galega aos máis novos. Nesta ocasión serán 14 os concellos que visitarán as propostas deste programa que ten en marcha a Secretaría Xeral de Política Lingüística. A maxia acapara os próximos días, con especial presenza de Abrapalabra, a actividade presentada polo ilusionista Carlos Coira na que se aprenden trucos e, ao tempo, se descobre toda a maxia que hai na lingua. O comezo da semana dará cabida tamén a propostas de banda deseñada, como Ti creas a historia, na que Anxo Fariña mostra o que hai que facer para converterse nun gran debuxante. Ademais, o venres entregarase un novo exemplar da revista Galimatías, gratuitamente, co diario El Correo Gallego. No que toca á música, dúas actividades concentran a atención de Bocaberta nos próximos días. Dun lado, os máis pequenos poden aprender como funcionan os instrumentos tradicionais da man de Olga Kirk e Pablo Díaz en Canta música! Do outro, os adolescentes terán na fin de semana tres citas máis con Detrás da canción, una proposta con escenario dobre: dun lado, o grupo Projecto Mourente mostra como se fai para compoñer, gravar e compartir unha canción pop con recursos moi accesibles; do outro, The Homens reinterpretan as súas cancións en versión acústica e exclusiva.

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: