//
estás a ler...
Uncategorized

Enxenería Cultural e a necesidade dun modelo galego.


O pasado 8 e 9 de abril tivo lugar o “I Encontro de Enxenería Cultural” organizado por Sinsalaudio (http://festival.sinsalaudio.org/AP-9-Ingenieria-Cultural-Festival). Todo ben, achegas interesantes, experiencias novedosas, os relatores lograron transmitir con emoción as súas ideas e certo grado de ilusion aos asistentes. Podense sacar conclusións moi proveitosas, aplicables, con novas formas de plantexar e realizar a xestión cultural, atendendo aos cambios sociasi e tecnolóxicos que se están a producir.

Pero de todo esto, chamoume a atención unha intervención que se fixo dende o público, a necesidade de coñeder a realidade galega, as importantísimas experiencias presentadas (boa parte traidas de Cataluña) parecian estarnos a convencer ou a que identificásemos o modelo catalán como propio (ou como modelo a seguir), e evidentemente eso non é así. Problemas e solucións presentadas (ben presentadas e interesantes a nivel profesional e intelectual) ás veces parecián non coincidir coa nosa realidade. Temas como por exemplo o patrocino de eventos culturais, en retroceso debido a crise noutros lugares, en Galicia non están en retroceso, porque ata agora apenar se empregou.

Reafirmo esta visión, creo na necesidade dun modelo galego para a planificación cultural, para o desenvolvemento e xestión da nosa cultura, que atenda a realidade específica e peculiaridades da cultura e sociedade galega. Un modelo que penso, a día de hoxe non existe, que esta por construir, e non será a Administración quen o faga.

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: