//
estás a ler...
Uncategorized

Curso Aplicación da Interpretación do Patrimonio como Estratexia de Comunicación e Instrumento de Xestión.


Amigos da Terra abre a convocatoria de inscrición para o Curso Aplicación da Interpretación do Patrimonio como Estratexia de Comunicación e Instrumento de Xestión.

Entendendo a Interpretación do Patrimonio como un arte, trátase de transmitir sensacións, sentimentos relevantes ao público, e despertar actitudes positivas para a conservación e coñecemento do noso patrimonio.

Trasladaremos esta definición na práctica aplicando esta potente estratexia de comunicación no medio natural en As Corcerizas e no medio urbano en Vigo.

DATAS E LUGAR: 7 e 8 de maio en As Corcerizas; 13, 14 e 15 de maio en Vigo.

DURACIÓN: 40 horas

PREZO: 175 € e 150 € para socios e socias de Amigos da Terra. O prezo inclúe matrícula do curso e aloxamento e manutención da fin de semana do 7-8 de maio en As Corcerizas.

Consulta os CONTIDOS e máis información sobre o curso.

Temario en base a cursos adaptados á Cualificación Profesional «Interpretación e Educación Ambiental», segundo o Real Decreto 1224/2009 de Recoñecemento das Competencias Laborais.

DESTINATARIOS/AS:

  • Educadores/as ambientais
  • Guías de turismo
  • Axentes de desenvolvemento local
  • Persoas interesadas nos contidos do curso

IMPARTEN ESPECIALISTAS NA MATERIA E FORMADORES:

  • Antón Lois, experto educador e intérprete ambiental; empresa cooperativa Teixugo S. Coop.
  • Fernando Ramos, experto en comunicación; empresa Ineco Comunicación para el Patrimonio
  • Enrique Mingote, experto en deseño; empresa Ineco Comunicación para el Patrimonio

Unha vez apuntado/a, recibirás o programa concreto cos horarios precisos.

Máis información: 986 125 171; cubre a ficha e remite a túa inscrición a info@ascorcerizas.com 

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: