//
estás a ler...
Uncategorized

Os Superheroes


 Os técnicos de cultura somos os superheroes do seculo XXI, temos superpoderes que nos permiten ser quen de realizara as máis incribles proezas, e con elas facer do mundo un lugar mellor no que vivir. Se encargaran o traballo de evitar a destrucción do mundo (ante a evidente ameaza creada polos nosos antecesores do seculo pasado, superheroes tamén e creadores de tecnoloxía para poder destruilo) nos seguro que poderiamos entrar no equipo creador de tecnoloxía social para impedir que esta destrución fose posible.

Do mesmo xeito que eles mantemos as e cualidades sobrenaturais ocultas e permanecemos no anonimato para poder conciliar a vida labora e familiar. Pero tamén somos igual de parvos que eles. Naturamente, sabedores do seu poder, deciden empregalo do mellor xeito posible, correxindo as xustizas, axudando a unha sociedade máis segura e libre, combater os grandes males da humanidade… É facil apreciar como salvo momentos moi puntuais nos que se enfrentan a un gran vilán, esta intención tradúcese no día a día basicamente en combater o crime, detectar o atraco a un banco, acudir e impedir o delito apresando aos malvados atracadores. E esta ben, non vou decir o contrario por mal visto que esté o sector bancario a día de hoxe. Pero ben se ve que é insuficiente, tan pouco é que resulta ridículo pensar a así vanse correxir as grandes inxustizas do mundo, os grandes problemas como a fame, ás guerras, os nenos soldado, os abusos e explotacións…, ou sexa que é un desperdicio de superpoderes e o plan de acción é ben malo.

A solución a esta situación, pasa por un cambio de estratexia, utilizando os superpoderes para cambiar as estruturas (neste caso superestruturas) que crean esta inxustiza social. Pero claro, esto non é posible, os superheroes e técnicos de cultura son creados pola propia estrutura, é absurdo e case imposible que os resultados transformen ás causas.

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: