//
estás a ler...
Uncategorized

Novo director da Feira das Industrias Culturais 2011


Na web da Asociación Culturgal http://www.culturgal.com/content/nova.php?id=172 recollese a seguinte información:

“A xunta directiva da Asociación Culturgal nomeou o xestor cultural Sergio Lago Varela director da Feira das Industrias Culturais 2011. A convocatoria aberta o pasado mes de marzo para a selección dun profesional do sector que dirixira Culturgal culmina así co nomeamento de Lago, que ven participando na creación e dirección de proxectos no ámbito cultural dende 2003, tanto como empresario como dende o ámbito asociativo, o que, segundo salienta a asociación “lle permite coñecer de primeira man os distintos procesos e axentes que conforman a cadea de valor das industrias culturais, especialmente no ámbito galego, pero tamén no estatal e no internacional”.

A Asociación Culturgal amosa unha vez máis a súa satisfacción pola acollida da convocatoria e asegura que a calidade das propostas recibidas foi “altísima” e que houbo candidaturas dunha grande valía profesional e cunha enorme experiencia no sector da cultura e na organización de eventos. Segundo afirma a asociación, os tres proxectos que participaron na última fase do proceso de selección compartían algúns puntos fortes claros: visión estratéxica, fondura, innovación e capacidade profesional probada para abrir camiños novos.

O que motivou a decisión final foi que Sergio Lago achega, ademais deses valores compartidos, “capacidade de xestión empresarial e asociativa, un fondo coñecemento de Culturgal que lle permite propoñer solucións moi concretas e unha visión multidisciplinar que se deixaba ver en todo o proxecto e que nos pareceu unha vantaxa clarísima sobre calequera dos outros proxectos que tiñamos sobre a mesa”.

Sergio Lago colaborou activamente no proceso de construción da Asociación Culturgal e da Feira das Industrias Culturais 2010, como representante de Agaphono. Previamente, tamén como representante da asociación de galega de produtores fonográficos, deseñou a proposta de Xornadas Musicais Profesionais que se desenvolveron no Culturgal 2008. Como expositor, estivo presente en todas as edicións.

O seu traballo máis recente foi a posta en marcha da tenda en liña minorista Toupa.net, proxecto polo que recibiu o Premio EGANET á mellor iniciativa de comercio electrónico en 2010. Previamente, en 2003, cofundou o selo discográfico Falcatruada, que dirixiu ata decembro de 2010. Nesta etapa, ademais de participar na edición e difusión de referencias discográficas, abordou o management de artistas, xestión de dereitos editoriais, implantación de estratexias de promoción e venta en internet, produción de espectáculos de música ao vivo e realización de producións audiovisuais, algunhas delas vinculadas ás artes escénicas, especialmente de danza contemporánea. Outro logro importante foi a implantación das primeiras referencias musicais galegas en redes dixitais como iTunes, Amazon ou Spotify.

Coñece en profundidade o ámbito asociativo profesional. Foi presidente de AGAPHONO, unha das asociacións profesionais que forman parte da Asociación Culturgal, entre xaneiro de 2008 e decembro de 2009. Tamén foi membro da xunta directiva da asociación estatal de discográficas Ufi, ademais de ter participado como asociado en numerosas entidades: Eganet, Impala, Merlin, IFPI, Promusicae, Agedi, SGAE, Academia de la Música, The Latin Recording Academy (Latin GRAMMY)”

http://www.culturgal.com/content/nova.php?id=172

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: