Mostra de Cinema Periférico (S8)


A 2ª Mostra de Cinema Periférico abrirá coa proxección dunha versión restaurada de Metrópolis, e ofrecerá “O ceo na Terra”, un ciclo coproducido con La Casa Encendida e o CGAI que contará coa presenza de artistas internacionais.

O (S8) é un evento cinematográfico internacional que se celebrará no Antigo Cárcere Provincial da Coruña do 2 ao 5 de xuño de 2011, e que traerá ás nosas pantallas unha estimulante mostra de cine experimental e de vangarda. O (S8) toma como punto de partida e de referencia o Super 8, un formato que foi, e é, ferramenta de pioneiros e francotiradores do audiovisual.

http://www.s8cinema.com/portal/

Advertisements