//
estás a ler...
Uncategorized, Xestión Cultural

Observatorio. Mostra de Cinema Periférico


Comeza o prazo de inscrición do Observatorio As xornadas están destinadas a profesionais da arte e a cultura interesados na xestión de arquivos. O Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Unión Fenosa será a sede dos encontros que terán lugar o 3 e 4 de xuño. O Observatorio contará co encontro “Que facemos con isto? Arquivos, redes e memoria. Ferramentas” e o taller “Arquivos código aberto, arquivos en tempo real”

A Coruña.- Baixo o nome do Observatorio a Asociación Cultural ese8 organiza en colaboración con Gas Natural – Unión Fenosa dúas xornadas destinadas a profesionais da arte e a cultura.

Estas forman parte da programación da segunda edición do (S8) Mostra de Cinema Periférico que terá lugar do 2 ao 5 de xuño no Antigo Cárcere Provincial da Coruña.

A función desta segunda edición do Observatorio é adentrarse nun tema de actualidade como é o dos arquivos, considerando a súa xestión e a súa importancia á hora de converterse en partes fundamentais da memoria colectiva.

Os arquivos sempre foron unha parte fundamental da historia da arte contemporánea. Grazas ao crecemento da tecnoloxía dixital a xestión de arquivos democratizouse. Mentres antes os documentos quedaban baixo o control das institucións, agora poden estar na nosa casa grazas ás ferramentas 2.0.

Durante dous día profundarase sobre como os arquivos funcionan como ferramentas de creación e clasificación, ademais de abrir un abano de posibilidades a artistas, xestores culturais e investigadores.

O Observatorio divídese en dúas partes, o encontro do 3 de xuño e o taller do 4 de xuño,ambos de 10:00 a 14.00 h no Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Unión Fenosa (MACUF) da Coruña.

O encontro do venres, titulado “Que facemos con isto? Arquivos, redes e memoria. Ferramentas” é de acceso libre ata completar aforo. Para asistir ao taller do sábado, “Arquivos código aberto, arquivos en tempo real”, necesítase realizar unha inscrición previa. Pódense atopar as follas de inscrición en:  

http://www.macuf.es/htdocs/actividades_jornadas_observatorioS8.html 

As persoas invitadas ás xornadas son Nekane Aramburo, do proxecto Arquivos Colectivos; Garbiñe Ortega, programadora na Pacific Filme Arquive; Alg-a.org, comunidade de arte e acción libre; e o Proxecto Wiki-historias.

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: