XORNADA “Estratexias de Conservación e Posta en Valor de Espazos Naturais no Territorio Mariñas-Betanzos”


Co obxecto de dar a coñecer o proceso de configuración da Candidatura da Reserva da Biosfera na que se está a traballar dende o GDR Mariñas-Betanzos, a Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos e o CEIDA organizan a Xornada “Estratexias de Conservación e Posta en Valor de Espazos Naturais no Territorio Mariñas-Betanzos, que terá lugar no Castelo de Santa Cruz, sede do CEIDA, o 17 de xuño de 2011. Durante a xornada expoñeranse os estudos elaborados sobre os aspectos máis salientables a nivel ambiental: quirópteros, vertebrados e invertebrados terrestres, botánica, xestión forestal e hidrobioloxía.

 Pode consultar o programa en:

http://www.ceida.org/files/formacion/tripticoadrmarinas.pdf

 Máis información e inscricións:

http://www.ceida.org/formacion/xornada-estratexias-conservacion-posta-en-valor-espacios-naturais-no-territorio-marin.html

Advertisements