//
estás a ler...
Uncategorized, Xestión Cultural

Anxo Lorenzo participara no Festival Internacional de Gaiteiros Piping Live


Anxo Lorenzo participara o vindeiro día 11 de Agosto no Festival Internacional de Gaiteiros Piping Live que cada ano se celebra na cidade escocesa de Glasgow. Un dos eventos máis importantes e representativos do mundo da gaita, que reune en cada edición aos mellores interpretes deste instrumento nas súias diferentes variedades e estilos. Anxo viaxará para ofrecer un concerto acompañado dos seus músicos habituais, aínda que tamén estrá prevista a colaboración do gaiteiro de Moaña coas formación Fiddler´s Bid e Lúnasa que tamén participan nesta edición do festival.

Este ano está sendo o de confirmación da exitosa carreira artística de Anxo Lorenzo, que despois do seu paso polo grupo Spiritu 986 e de participar en numerosos proxectos como artista convidado, decidiu continuar o seu propio camiño. Un camiño que toma por base as músicas tradicionais e o folk máis actual en formato acústico, como reflexa o seu primeiro traballo discográfico Tirán (Zouma Records 2010).

Son testemuña da súa consolidación como un dos referentes actuais da música folk os mellores escenarios do estilo a nivel internacional. Despois de presentar o seu traballo discográfico durante o ano 2010 en lugares como WOMAD, Trowbridge e Musicport Festival (UK), Festival do Mundo Celta de Ortigueira (Galicia) ou Schottish Weekend (Bélxica), en 2011 xa ten actuado en grandes festivais de referencia para a música folk como Celtic Connections (Glasgow), Sidmouth Folk Week ou recentemente no Cambridge Folk Festival, onde acadou o “Top 10”  de vendas discográficas na tenda oficial do festival.

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: