//
estás a ler...
Uncategorized, Xestión Cultural

Despedida da Locamotora


Queridos amigos e amigas!

Neste mes de novembro a compañía de teatro A Locamotora fará as súas últimas funcións,  o domingo 6 de novembro no Auditorio Mpal. de Vigo ás 18 h, “Carlota e Marieta dan a Volta ao Planeta”, e o venres 25 de novembro no centro polivalente de Brión ás 17:30 h. “O Tenderete da Cachifallada”

Queremos celebrar o percorrido da nosa Locamotora, creada por Eva Vila e Zezilia Meléndrez (máis coñecidas polas irmás Carlota e Marieta) aló polo ano 2002. “Unha viaxe chea de aventuras, contos e cancións” decíamos nos textos divulgativos da nosa primeira creación, e unha realidade, pois na nosa equipaxe levamos sorrisos, experiencias inesquecibles, anécdotas, aplausos, nervios, ilusión… e a enorme satisfacción de ver e sentir a resposta do público, das familias, das nenas e nenos que participaron, sorriron e mesmo choraron (só un pouco coa Pantasma de Matilde!).

Levamos tamén, pola maxia do teatro, personaxes impregnando o noso ser, coma o crocodilo que tiña moita fame (coa sua canción presente en toda boa paparota que se prece), a peripecia de Mariana cando caeu polas escaleiras da sua escola, o medo de Nicolás ao frigorífico, os traballos de Matilde: as galiñas (e os galos ¡que non poñen ovos!), a horta, o poema de Rosalía cando marcha… e a pantasma ruidosa, os tiruleques…

Agradecemos o apoio do público anónimo e tamén das persoas que ao longo destes anos nos escribiron ou expresaron o seu parecer. Tamén agradecemos o labor de profesionáis da cultura dos concellos galegos que nos deron a primeira oportunidade de actuar, para logo seguirnos en toda a traxectoria como compañía e sobre todo, nos recibiron e trataron con dignidade (tal vez soe raro, pero non sempre foi así). Queremos agradecer tamén o apoio das persoas que nos axudaron, impulsaron e ampararon en temas técnicos, xurídicos, informáticos… Mención especial a Lucho de Os Quinquilláns, ¡grazas!, a Xacobe polas súas fotografías ¡grazas!, a Elda polos vestuarios ¡grazas!

 

Querido PÚBLICO estades convidados a estas dúas últimas funcións, ¡agardamosvos!

 

A LocaMotora Teatro

www.alocamotora.com

Eva Vila Barros

Zezilia Meléndrez Fassbender

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: