//
estás a ler...
Uncategorized, Xestión Cultural

Despedida de Abada


No ano 2005, catro amantes da música feita en Galicia decidimos montar unha empresa que traballase a prol da música de calidade que temos neste país e que tratase os demais como nos gustaría que nos tratasen a nós.

Xuntámonos, ideamos e constituímos legalmente Abada Xestión Cultural, S.L. o 31 de outubro do 2005, data na que empezamos a navegar.

Durante estes seis anos de travesía traballamos moitísimo, vivindo o proxecto “a tope”, con paradas imprevistas nas illas do audiovisual e do teatro, que non tiñamos planeado, pero que resultaron fontes de novas e moi gratas experiencias.

Vivimos moitas boas experiencias e cruzámonos con moita xente encantadora e profesional.
Chegou o ano 2009 e dous dos amantes desembarcaron. Quedamos dous, que por circunstancias económicas (tristemente, e realmente, puramente económicas), agora decidimos pechar esta empresa, logo de intentar achicar o barco, sen éxito.

Fondearemos estas semanas e logo vararemos definitivamente o 31 de decembro do 2011.

Queremos enviarlle un agradecemento a todas as persoas que se embarcaron con nós, confiando na nosa enerxía, nos nosos coñecementos, no noso xeito de traballar e no noso desexo de facer as cousas ben.

Sen vós, músicos, cantantes, actores, técnicos de luz e son, “asistentes na ruta”, programadores, políticos, funcionarios, provedores de alugueiro de instrumentos de música, de vehículos, de material de luz e son, de petiscos, montadores de escenarios, asesorías, xornalistas, cámaras, fotógrafos, público, familia e moitos amigos e amigas, non poderíamos facer esta viaxe. Grazas.

Tamén lles desexamos moita sorte e seguiremos con moito agarimo os proxectos futuros e o rumbo dos músicos e grupos para os que traballamos desde a nosa botadura: Batuko Tabanka, BellónMaceiras e Nordestin@s.
Como non pode ser menos, o mesmo desexamos a Ordem e Progresso (Carlos Blanco e o Sergio Tannus Trío), a Ulträqäns e a Vai, para quen levamos menos tempo traballando, pero non menos intenso!

Foi un pracer vogar con vós! Grazas.

Grazas, de corazón, a todas e todos que estades lendo este comunicado. Non nos deixaremos de ver, mais desta vez será entre o público, nalgunhas das moitas actividades culturais deste país!

http://www.abada.es

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: