Assembly Point recibe o premio ao “Mellor grupo Folk 2011” no Irish Fleadh de Cáceres


A banda formada polo galego Fernando Barroso, o irlandés Eoghan Neff e o portugués Luis Peixoto, que veñen de editar o seu primeiro traballo discográfico baixo o nome de Assembly Point, recibiron a pasada fin de semana o premio que os recoñece como o mellor grupo Folk participante no festival Irish Fleadh de Cáceres. Alí compartiron escenario, entre outros, coa recoñecida banda irlandesa Kila.

Assembly Point ofreceu o seu concerto o sábado 5 de Novembro, ante unha praza ateigada, que se viu sorprendida pola forza e enerxía que amosanriba do escenario esta formación de trío.

O Irish Fleadh celébrase cada ano na cidade de Cáceres, e reúne durante tres días a músicos e amantes da música folk, que achan aquí un punto de intercambio e coñecemento. O seu espíritu participativo e a calidade dos músicos presentes en cada edición, fan deste festival un referente tanto para profesionais como para afeccionados ás músicas tradicionais.

Zouma Producciones S.L.

Rúa do Paseo, 30 Of. 7 – 32003 Ourense

(+34) 988 240 248

Advertisements