//
estás a ler...
Uncategorized, Xestión Cultural

Comunicado da Federación de Cineclubes de Galicia (FECIGA)


A MORTE POLA INCOMPETENZA E A IGNORANCIA DA XUNTA DE GALICIA  Os cineclubes, son as principais institucións cinematográficas nas vilas e cidades nas que radican. A Federación de Cineclubes de Galicia, agrupa a case duas ducias de cineclubes, que se estenden por case todas as comarcas de Galicia, fronte a inexistente rede pública de salas que proxecten cine (“non theatrical”, ou cine independente, de autor, documentais, curtas,etc. ) Ademáis os cineclubes, cumpren unha función formativa e cultural, que non existe garantida por parte de actores privados, e onde a Administración tampouco a oferta, agás na cidade da Coruña, por medio do Centro Galego das Artes da Imaxe (CGAI), que pagamos todos os galegos, pero que solo programa nunha cidade. A Xunta de Galicia, desde aproximadamente 20 anos, -os mesmos do CGAI- colaboraba coa actividade dos cineclubes, mediante a firma dun convenio coa rede galega de cineclubes federados, ao obxecto de fomentar a formación e difusión cinematográfica, a proxección de obras galegas e apoio a actividade cultural propia, que o CGAI non ofrecía, polas comarcas e cidades do resto de Galicia. A relacións cos diferentes gobernos, non sempre foron fáciles, aínda que o interlocutor era sempre algún órgano dependente da presidencia, as cantidades comprometidas variaban, entre 60-30, e 24 mil euros -in extremis-, no último ano. Froito dunha falta de estratexia e política audiovisual, nesta lexislatura, os interlocutores foron mudando; primeiro a Secretaria xeral de medios, dependente do Presidente da Xunta , segundo o Consorcio Audiovisual de Galicia, e logo para finalizar un periplo de oito meses; na Consellería de Cultura e o responsable do Agadic. Sen embargo, pasouse da importancia capital na cultura cinematográfica, recoñecemento da labor desenvolta, -con case 50 anos en algún dos cineclubes galegos-, a comunicar se nos, por medio dunha triste…e a bo seguro funcionaria “responsables dos marróns”, (da Axencia Galega de Industrias Culturais -?!-), que este ano; “ é difícil, que hai moita crise…e que polo tanto…” non habia orzamento posible. Cero. Resulta paradóxico, que nunha entrevista co Conselleiro Roberto Varela e o responsable do AGADIC, Juan Carlos Fasero, dixeran que era “inexplicable a falta de apoio do Consorcio do Audiovisual, porque tiña que haber prioridades…” Resulta que, nos 10 meses transcurridos, ninguén soupera da crise, e utilice a mesma, como argucia, sen máis argumento, para explicarlle aos 22 cineclubes; sen máis información que ofrecer, aos espectadores do Barco de Valdeorras, Chantada, ou Goián, que non só perderán un cineclube, senón tamén a posibilidade de ver cine. Talvez, os administradores da cousa pública, non se decaten do volume de negocio que pode desaparecer dentro da industria cinematográfica, por canto arredor de 189 mil euros como mínimo deixaran de ingresar as productoras e distribuidoras, pola desaparición dos cineclubes. Seguramente, acostumados as grandes cifras do monte Gaiás, o xacobeo, etc, pensen na pouca importancia, e mesmo desprezen o volume de espectadores acumulados nos últimos anos ( máis de 58 mil), pero coa desaparición dos cineclubes, pérdese, aparte da cultura cinematográfica, e nalgunhas vilas; a costume do cine, censúranse ao mesmo tempo, as oportunidades artísticas e a transversalidade que posúe o cinema na educación. Con todo, a pesar dos parches que se escoitan reclamar da industria, seguiremos a escoitar sobre o pirateo do cine, sen reparar na oferta cinematográfica que se ofrece habitualmente nos multicines -operados polas multinacionais-, e sen analizar outras formas de distribución alonxada do mainstream. Así, quen sofre é a producción propia dun país, que non pode acceder nas mesmas condicións, e que ata agora era visible na digna e humilde presencia das xanelas que podían ofrecer os cineclubes. Lóxicamente na situación actual, hai prioridades, e entederíamos os recortes para garantir, as pensións, a sanidade a educación, …pero dentro da labor cultural, non se entende as inversións soamente nunha cidade, e abandonar ao resto; porque aparte da súa desigualdade territorial provoca unha inxustiza, con respecto a outras actividades patrocinadas pola Administración, por exemplo; a visita do Papa, o Xacobeo, ou mesmo as actividades “estrelas” para visitar a cidade “da cultura”, convertido a xestión cultural, nun canastro cheo de vacuidade e publicidade. Deste xeito, directa e indirectamente, se perderán futuros espectadores, perderá a propia industria cinematográfica, os postos de traballo, directos e indirectos … e sobre todo, pérdese no futuro, o traballo cultural presente, e o desenvolto ata agora; gañando para os anais da historia do cine en España, que Galicia, foi a primeira comunidade do estado, en liquidar os cineclubes, pola desidia dos seus administradores. —————— Nota: Esta artigo, enviouse aos medios de comunicación de Galicia, como nota de prensa, xunto cun memorandum da actividade dos cineclubes de Galicia, durante os dous úlimos anos. Lamentablemente hai que dicir, que foi censurado e ninguneado, supoñemos por non molestar á institución… que rega con abundantes cartos dos galegos a supervivencia dun modelo de xornalismo, que así lles vai.

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: