//
estás a ler...
Uncategorized, Xestión Cultural

Subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega


 

DOG Nº 3, mércores 4 de xaneiro de 2012

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 16 de decembro de 2011, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega, e se procede á súa convocatoria (ED115A).

Obxecto: promover a planificación e o desenvolvemento de programas de dinamización da lingua galega, en concellos ou en agrupacións de concellos con poboación igual ou superior aos 3.000 habitantes.

Beneficiarios: Poderán ser beneficiarias as entidades locais de Galicia. No caso dos agrupamentos de concellos para a realización dun proxecto común, as entidades integrantes nomearán un representante único que actuará como coordinador e interlocutor coa Secretaría Xeral de Política Lingüística e que será o receptor da asignación económica. Quedan excluídas do ámbito de aplicación desta orde as deputacións provinciais. As entidades locais ás cales lles fose concedida e percibisen unha axuda para a creación dun servizo lingüístico en virtude da convocatoria anterior non poderán acceder á axuda para a creación dun servizo lingüístico nesta convocatoria.

Prazo: 4 febreiro de 2012

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: