//
estás a ler...
Uncategorized, Xestión Cultural

Minizine. Obradoiros audiovisuais


MiniZine é un proxecto de recente creación que imparte obradoiros para nen@s e moz@s xuntando dous claros obxectivos: fomentar o desenvolvemento individual, creativo e expresivo, cunha alfabetización audiovisual crítica.

Con obradoiros pensados para diferentes franxas de idade, preténdese ofrecer unha actividade onde as técnicas audiovisuais se presentan como a ferramenta que facilita un novo modo de expresión, máis adaptable a cada tipo de persoa, máis flexible e completo que o meramente verbal.

Un espazo onde os participantes se expresen, dean forma á súa imaxinación ou reflictan as súas dúbidas e inquedanzas, primando o proceso sobre o produto final. Non se busca un produto rematado, sen fallos, pulido e estándar, senón todo o que se produce e aprende para crealo.

Apostamos por un traballo grupal que fomente e respecte o traballo individual, onde se priorice o positivo e cada un e cada unha poda expresarse sen medos.

Aprender a manexar estes medios, separando a realidade do que non o é, fará de nós os axentes activos e críticos que debemos ser.

www.wix.com/minizinetalleres/index

Conversa

3 thoughts on “Minizine. Obradoiros audiovisuais

  1. Non coñezia este enlace

    Posted by Carlos Nieto | Xaneiro 17, 2012, 9:48 am
    • Empecei coa creación deste blog hai un ano, e dende o seu comezo tivo a intención de ser un espazo de comunicación cultural construido en común, colaborativamente (e non un blog persoal), durante este tempo fundamental mente fun facendo probas, coñecendo a plataforma e dandolle voltas a como podería ser esa colaboración… Agora comezando o ano retomo a idea e convido aos profesionais da cultura a participar nel.

      Os termos da colaboración son abertos e libres. Neste momento doulle máis importancia ao feito de ser algo compartido e creado en común que o contido en si mesmo. O valor do contido virá dado pola intención de quen escribe e de quen le. Se todos escribimos algo, estou seguro que un espazo que ata o de agora non ten ningún valor, acabaría sendo un pundo de encontro de informacion, comunicación e debate interesante.

      Anímote novamente a participar, eu ata o de agora fun colgando desordenadamente e de xeito irregular información que me chegaba ou o primeiro que se me pasaba pola cabeza. Calquer información sería de agradecer porque tería xusto ese aspecto valioso que busco: A INTENCIÓN DE PARTICIPAR.

      Posted by ano0 | Xaneiro 17, 2012, 10:03 am
  2. Norabóa, gostaríame ver mais proxectos coma este.

    Creo que o plantexamento e de gran interese, xa que permite axudar aos mais novos a formar unha visión critica da realidade social e a entender o audiovisual como ferramenta de comunicación.

    O mais importante é que este tipo de educación nos beneficia a todos xa que esta visión critica permitirá que estes rapaces teñan un maior contacto coa realidade dos medios audiovisiais e o filtro necesario para separala da súa realidade, a do día a día. É unha porta que os rapaces e a sociedade precisan para mirar fora desta sociedade de artificio.

    Gostame moito a proposta e deséxovos moi boa sorte, ainda que seguramente non a ides precisar.

    Posted by Xian | Xaneiro 17, 2012, 11:45 am

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: