//
estás a ler...
Uncategorized, Xestión Cultural

A importancia da comunicación


Desde hai unhas semanas un grupo importante de “técnicos” de cultura municpais, estableceu unha canle de comunicación empregando o correo electrónico, unha especie de lista de distribución na cada un pode comunicar aquelo que considera de interese.

Xurdirón xa propostas para o traballo conxunto e a mellora da situación profesional, entre elas a proposta de adherirse a unha rede social e abrir o debate sobre a definición máis axeitada para estos profesionais, coa suxerencia inicial de propor Deputación da Coruña o cambio de denominación Animador Culural polo de Técnico de Cultura.

Eu non teño unha postura definida sobre este último tema, unha porque a denominación que lle dé a Deputación da Coruña non me afecta directamente, e outra porque xa hai algúns anos tiñamos participado en debates similares. No proceso de creación da Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural, e como queda claro daquela optouse polo termo Xestor Cultural, pese as simpatías que suscitaba Técnico de Cultura, xa que esta era tendencia en ámbitos académicos e profesionais estatais e europeos era cara a palabra “xestor”. Pertencendo a unha asociación que leva este nome, ainda que non me opoño, non parece moi coherente pola miña parte reivindicar outra denominación.

Pero si sinto unha tremenda simpatía pola iniciativa, non polo cambio concreto, se non polo feito de plantexar un obxectivo de mellora profesional común e concreto. E como tanto me gusta, propoño seguir a mesma liña de traballo para outras problemáticas comúns.

Creo que un gran problema que temos os “técnicos” de cultura e a falta de regulación, non hai referentes normativos nin lexislación para as actuacións básicas na area de cultura a nivel municipal. O que na práctica se traduce en que podemos “facer de todo” ou facer todo o que queira o Concelleiro de Cultura. Os compañeiros que temos por exemplo nos servizos sociais, teñen leis que establecen “programas mínimos”, “funcións defnidas para esto e para aquelo”… Nos apenas temos uns requerimentos (no caso das subvención da Deputación da Courña) sobre colaborar cos programas da Deputación, biblioteca se o concello ten máis de cinco mil habitantes, ou algún regualación sobre equipamentos específicos, do que facemos ou deixamos de facer moi pouco.

Poderiamos aproveitar esta iniciada comunicación para a realización conxunta por exemplo dun “documento de mínimos para a intervención cultural municipal”, un programa marco (ao igual que fixeron os educadores familiares http://www.familiasgalegas.org/familias/Vista/Archivos/Menu/12_Programa_Marco_Educacion_Familiar_(borrador).pdf ), ou adaptar referentes xerais como a Axenda 21 da Cultura a ámbitos de intervención máis concretos. Evidentemente o resultado non será o mesmo que á lexislación, pero se tentamos respetalo podería chegar a influir seguindo un proceso de abaixo a arriba (o consenso e a coordinación teñen valor).

Poderianse empregar ferrementas on line para o traballo cooperativo (hai moitas e gratuitas), organizar pequenos grupos de traballo por temas e logo unha posta en común. Somo moitos, entre todos non ten porque ser difícil.

Conversa

2 thoughts on “A importancia da comunicación

  1. Boas::

    Xa que a nosa subvención de Animador Sociocultural está tardando bastante,no caso de que algún ano a supriman, gustaríame saber que dereitos temos como traballadores no caso de quedar sen ese posto de traballo.Se é que temos algúns!!!
    Moitas grazas.

    Posted by silvia | Xaneiro 23, 2012, 10:32 am
  2. Non sei a resposta. Penso que os dereitos non deben ser moitos, normalmente a duración do contrato o vinculan a concesión da subvención. Pero o tema é o suficientemente importante como para buscar información máis fiable. É posible que no Colexio de Educadoras e Educadores Sociais (ceesg@ceesg.org) ou na Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (http://xestoresculturais.org) te poidan informar.

    Posted by ano0 | Xaneiro 23, 2012, 12:24 pm

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: