//
estás a ler...
Uncategorized, Xestión Cultural

Certames de pintura e novela e certames de pintura e novela infantil de Negreira


O prazo para a recepción de orixinais rematará o vindeiro 25 de maio. + info: http://www.concellodenegreira.es

CERTAMES INFANTÍS

CERTAME DE NOVELA INFANTIL “CONTAME UN CONTO”

1. Poderán concorrer ó premio mozos e mozas galegos con idade entre os 6 e os 18 anos (ámbas incluídas), cun máximo dunha obra por autor.

2. Deberán ser contos orixinais e inéditos, non premiados noutros concursos e escritas en língua galega.

3. É preciso enviar 3 copias dos orixinais, escritos a máquina ou ordenador cunha extensión mínima de 8 folios a doble espacio por unha cara, en letra Times New Roman ou similar.

4. Deberán ser entregados en:

Delegación de Cultura e Deportes

Casa de Cultura – 1ª Planta

15830 Negreira (A Coruña)

O prazo de presentación das novelas será dende o dia 1 de ABRIL ata o día 25 de MAIO, non admitíndose as entregadas fora de prazo.

5. Cada orixinal debe levar o seu título, e o pseudónimo do autor. (Irá acompañado dun sobre pechado que conteña os seus datos personais (nome, apelidos, fotocopia do D.N.I., breve curriculo, enderezo e teléfono), no exterior do sobre figurará únicamente o pseudónimo ou título da obra.

6. Establécense os seguintes premios:

1º PREMIO dotado con un ordenador portátil.

2º PREMIO dotado con unha videoconsola.

3º PREMIO dotado con un MP4.

7. A decisión do xurado faráse pública o 31 de maio do 2012, facéndose a entrega de premios no

Centro Sociocultural o día 1 de xuño, ás 20:00 h.

8. O xurado estará formado por cinco membros designados polo Concello de Negreira, sendo o

Secretario (con voz pero sen voto), unha persoa en representación do Concello. Os premios outorgaranse por maioria de votos. O xurado poderá eliminar por defecto de forma as obras presentadas que non se axusten ó disposto nas bases, e poderá declarar deserto algún dos premios, se non considerase suficiente a calidade de algun dos contos. A decisión será inapelable.

9. O Concello de Negreira terá capacidade de decidir sobre calquera dúbida relacionada coa interpretación das presentes bases.

10. O Concello de Negreira resérvase o dereito de publicación e exposición pública dos contos premiados. Non se compromete a manter correspondencia cos participantes nin a devolución dos traballos presentados (tanto premiados como non).

11. A participación no concurso supón a aceptación destas bases.

CERTAME DE PINTURA INFANTIL “NEGREIRA EN COR”

1. Poderán concorrer ó premio mozos e mozas galegos ou residentes coa idade entre os 6 e os 18 anos (ambos incluídos), cun máximo dunha obra por autor.

2. A temática será libre, con liberdade de estilos e medios, pero non premiados noutros concursos.

3. As obras presentaranse en folio ou cartulina de tamaño A3.

4. Deberán ser entregados en:

Delegación de Cultura e Deportes

Casa de Cultura – 1ª Planta

15830 Negreira (A Coruña)

O prazo de presentación das pinturas será dende o dia 1 de ABRIL ata o día 25 de MAIO, non admitíndose as entregadas fora de prazo.

5. Cada orixinal debe levar o formulario de inscrición cuberto.

6. O comité organizador tratará con máximo coidado tódalas obras, non se responsabllizará dos danos que accidentalmente poiderán ocorrer.

7. Establécense os seguintes premios:

1º PREMIO dotado con un ordenador portátil.

2º PREMIO dotado cunha videoconsola.

3º PREMIO dotado con un MP4.

8. A decisión do xurado faráse pública o 31 de maio do 2012, facéndose a entrega de premios no Centro Sociocultural o día 1 de xuño, ás 20:00 h.

9. O xurado estará formado por cinco membros designados polo Concello de Negreira, sendo o Secretario (con voz pero sen voto), unha persoa en representación do Concello. Os premios outorgaranse por maioria de votos. O xurado poderá eliminar por defecto de forma as obras presentadas que non se axusten ó disposto nas bases, e poderá declarar deserto algún dos premios, se non considerase suficiente a calidade de algunha das obras. A decisión será inapelable.

10. O Concello de Negreira terá capacidade de decidir sobre calquera dúbida relacionada coa interpretación das resentes bases.

11. O Concello de Negreira resérvase o dereito de publicación e exposición pública das pinturas premiadas. A devolución dos traballos presentados poderase facer na Delegación de Cultura e Deportes entre o día 10 de xuño e o día 10 de xullo de 2012 en horario de 9:00 a 14:00 h.

12. A participación no concurso supón a aceptación destas bases.

CERTAMES ADULTOS

CERTAME DE NOVELA “VILA DE NEGREIRA”

1. Poderán concorrer ó premio mozos e mozas galegos ou residentes maiores de 15 anos, cun máximo dunha obra por autor.

2. Deberán ser novelas orixinais e inéditas, non premiadas noutros concursos e escritas en língua galega.

3. É preciso enviar 3 copias dos orixinais, escritos a máquina ou ordenador cunha extensión mínima de 15 folios e máxima de 40 folios a doble espacio por unha cara, en letra Times New Roman e con soporte informático  (Diskette ou CD).

4. Deberán ser entregados en:

Delegación de Cultura e Deportes

Casa de Cultura – 1ª Planta

15830 Negreira (A Coruña)

O prazo de presentación das novelas será dende o dia 1 de ABRIL ata o día 25 de MAIO, non admitíndose as entregadas fora de prazo.

5. Cada orixinal debe levar o seu título, e o pseudónimo do autor. (Irá acompañado dun sobre pechado que conteña os seus datos personais  (nome, apelidos, fotocopia do D.N.I., breve curriculo, enderezo e teléfono), no exterior do sobre figurará únicamente o pseudónimo ou título da obra.

6. Establécense os seguintes premios:

1º PREMIO dotado con 600 €

Accesit dotado con 100 €

7. A decisión do xurado faráse pública o 31 de maio do 2012, facéndose a entrega de premios na Casa de Cultura o día 1 de xuño, ás 20:00 h.

8. O xurado estará formado por cinco membros designados polo Concello de Negreira, sendo o Secretario (con voz pero sen voto), unha persoa  en representación do Concello. Os premios outorgaranse por maioria de votos. O xurado poderá eliminar por defecto de forma as obras presentadas que non se axusten ó disposto nas bases, e poderá declarar deserto algún dos premios, se non considerase suficiente a calidade de algunha das obras. A decisión será inapelable.
9. O Concello de Negreira terá capacidade de decidir sobre calquera dúbida relacionada coa interpretación  das presentes bases.

10. O Concello de Negreira resérvase o dereito de publicación e exposición pública das novelas premiadas. Non se compromete a manter correspondencia cos participantes nin a devolución dos traballos presentados (tanto premiados
como non).

11. A participación no concurso supón a aceptaciónso supón a aceptación desas bases.

CERTAME DE PINTURA “NEGREIRA EN COR”

1. Poderán concorrer ó premio mozos e mozas galegos ou residentes maiores de 15 anos, cun máximo dunha obra por autor.
2. A temática será libre, con liberdade de estilos e medios, pero non premiados noutros concursos.

3. As medidas das obras non serán inferiores a 80 cm. nin superiores a 140 cm. en calquera dos  seus lados. Deberán vir enmarcadas cun listón que non exceda de 3 cm. de ancho e sobre un único soporte.

4. Deberán ser entregados en:

Delegación de Cultura e Deportes

Casa de Cultura – 1ª Planta

15830 Negreira (A Coruña)

O prazo de presentación das pinturas será dende o dia 1 de ABRIL ata o día 25 de MAIO, non admitíndose as entregadas fora de prazo.

5. Cada orixinal debe levar o formulario de inscrición cuberto.

6. O comité organizador tratará con máximo coidado tódalas obras, non se responsabllizará dos danos que accidentalmente poiderán ocorrer.

7. Establécense os seguintes premios:

1º PREMIO dotado con 600 €

Accesit dotado con 100 €

8. A decisión do xurado faráse pública o 31 de maio do 2012, facéndose a entrega de premios no Centro Sociocultural o día 1 de xuño, ás 20:00 h.

9. O xurado estará formado por cinco membros designados polo Concello de Negreira, sendo o Secretario (con voz pero sen voto), unha persoa en representación do Concello. Os premios outorgaranse por maioria de votos. O xurado poderá
eliminar por defecto de forma as obras presentadas  que non se axusten ó disposto nas bases, e poderá declarar deserto algún dos premios, se  non considerase suficiente a calidade de algunha das obras. A decisión será inapelable.

10. O Concello de Negreira terá capacidade de decidir sobre calquera dúbida relacionada coa interpretación das presentes bases.

11. O Concello de Negreira resérvase o dereito de publicación e exposición pública das pinturas  premiadas. A  devolución dos traballos presentados  poderase facer na Delegación de Cultura e Deportes entre o día 10 de xuño e o día 10 de xullo de 2012 en horario de 9:00 a 14:00 h.

12. A participación no concurso supón a aceptación destas bases.

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: