//
estás a ler...
Uncategorized, Xestión Cultural

Aparentemente


un espectáculo de creación colectiva de Manicómicos dirixido por Carlos Sante e Gonçalo Guerreiro

APARENTE-MENTE é un espectáculo de creación colectiva froito do traballo desenvolvido durante o curso 2010-11, polo grupo de Creación Escénica do programa de Formación Teatral da A.C. Manicómicos da Coruña, cun elenco que mestura artistas de diferentes disciplinas e niveis de experiencia, baixo a dirección de Carlos Sante e Gonçalo Guerreiro.
APARENTE-MENTE trata o tema tan actual na sociedade moderna das apariencias, do que amosamos na nosa capa social externa que ás veces oculta o noso verdadeiro ser. Que hai baixo a variedade de máscaras que nos poñemos cada días das nosas vidas para estar aquí ou acolá? Como aprendemos a xestionar o seu uso segundo a situación social na que nos desenvolvemos? Que deixamos de dicir cando non nos atrevemos a facelo? Que imaxe ofrecemos de nós mesmos ante un mundo que xa por si mesmo non sabe vivir sen elas?

REPARTO
Vanessa Rivas, Paco Alvarellos, Mónica Suárez, Cristina Ramallal, Maruxa Marsal, Carmen Cotelo, Jose Ubieta, Marta Mato, Teresa Babío, Raquel Castro, Yago Concejo, Attenery Toledo, Tareixa Cambeiro, Uxía Vázquez e Marcial Blanco.

Deseño iluminación: Raquel Castro
Deseño cartaz: Singulart Comunicación Visual
Espazo sonoro: Jose García
Axudante de dirección: Carlos Diz
Axudante de produción: Solange Albares
Agradecementos: Persoal do Ágora, Concellería de Cultura, Concello da Coruña, Xaquín Domínguez, e todos os que aparente-mente fixeron posible este espectáculo.

Duración: 80 min.
Espectáculo recomendado para maiores de 14 anos.

Contacto: 981 262604 / 692213292 / manicomicos@hotmail.com
www.manicomicos.org

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: