//
estás a ler...
Uncategorized, Xestión Cultural

Hortas comunitarias, promovidas por Hábitat Social.


Hábitat Social, cooperativa galega sen ánimo de lucro (http://www.habitatsocial.coop), presenta unha das liñas de traballo que estamos a desenvolver na actualidade e que consiste na posta en funcionamento de hortas comunitarias ó servizo da veciñanza, a partir de espazos -públicos e privados- abandonados ou infrautilizados (zonas verdes, solares, leiras, etc.). Trátase dunha proposta cun xa largo percorrido noutras vilas e cidades do ámbito estatal e internacional que nos últimos anos estase a comezar a implantar tamén en Galicia.

O éxito deste tipo de proxectos radica na multitude de aspectos que son capaces de afrontar, tanto a nivel social como ambiental. Así, entre eles, poderíamos destacar:

– a promoción de prácticas de autoconsumo, de consumo responsable e de alimentación saudable entre os veciños;

– a oferta de actividades educativas e de ocio, tanto para os cativos como para os maiores;

– a posta en valor de terreos sen uso ou infrautilizados (que ademais adoitan ser unha carga polo seu mantemento);

– a protección dos valores ambientais, tanto ecolóxicos como paisaxísticos, que en moitos casos posúen as áreas nas que se poñen en funcionamento as hortas;

– o fomento do contacto entre as persoas e a transmisión de coñecemento entre distintas xeracións.

– a posibilidade de implementar liñas de traballo baseadas na autoxestión, que van favorecer o grao de implicación e responsabilidade dos veciños cara o seu hábitat.

Así mesmo, é salientable destas iniciativas a súa flexibilidade, xa que se poden adaptar á realidade concreta de cada caso, tanto nos obxectivos a procurar como no xeito de acadalos e nos medios precisos.

Hábitat Social conta coa experiencia da posta en marcha das primeiras hortas urbanas da cidade da Coruña, situadas no val de Feáns (http://hortasnacidade.wordpress.com/ e documento memoria 2009 hortas Feáns). A nosa labor consistiu tanto na promoción da idea como no deseño e xestión do proceso para levala a cabo. Así, estudamos e delimitamos o ámbito de actuación (val de Feáns), contactamos cos propietarios das parcelas, difundimos o proxecto entre a cidadanía da Coruña, e acompañamos ás persoas interesadas a sentar as bases para a súa posta en marcha: constitución da asociación de usuarios, definición dos criterios de funcionamento (agricultura ecolóxica, autoxestión), organización das parcelas (40 ud.), e mesmo equipamento cunha caseta de apeiros. Dous anos despois, este proxecto camiña so e non para de medrar, incorporando novos terreos e usuarios.

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: