//
estás a ler...
Uncategorized

Actividades Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre Campo Lameiro


O PARQUE ARQUEOLÓXICO DA ARTE RUPESTRE Campo Lameiro (Pontevedra) é un suxerinte equipamento cultural concibido para gozar dunha oferta educativa, cultural e lúdica baseada nos petróglifos e no seu contexto histórico e ambiental.
O percorrido polo Parque Arqueolóxico consta de tres fitos principais que se desenvolven de maneira sucesiva:
i)    a visita á exposición estable, un espazo no que o visitante pode acadar un coñecemento sobre os petróglifos galegos rigoroso, pero tamén lúdico, didáctico e emocionante,
ii)    o paseo pola zona arqueolóxica anexa, na que se poden observar algúns dos máis relevantes exemplos da arte rupestre galega e entender a súa vinculación coa paisaxe que lles da sentido,
iii)    o acceso á recreación dun poboado da Idade do Bronce, un espazo moito más vivencial e experimental,  no que o visitante pode aproximarse aos modos de vida dos nosos antepasados.
A oferta compleméntase coa posibilidade de realizar diferentes obradoiros que combinan contidos patrimoniais e experiencias lúdicas, como cazar con arco ou xavelina, fabricar vasillas cerámicas como as da Idade do Bronce, aprender a facer lume sen mistos ni chisqueiros, ou facer calcos dos petróglifos como os arqueólogos.
O Parque Arqueolóxico conta con servizo de cafetería, restaurante e tenda.
Para acadar máis información sobre o Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre pode consultar a páxina web http://www.paar.es, ou ben poñerse en contacto con nos no número 986 69 60 66 ou a través da dirección de reservas@paar.es Esperando que a nosa proposta

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: