//
estás a ler...
Concurso de Ideas e Proxectos

Concurso de Proxectos e Ideas para a Xestión Cultural


Dende o blog www.xestioncultural.wordpress.com organízase o I Concurso de Proxectos e Ideas para a Xestión Cultural que ten por obxecto a creación dun banco de ideas creativas e innovadoras para ser empregadas por técnicos e empresas adicadas á cultura.

Pretendemos:

a. Motivar a técnicos e empresas de xestión cultural a xerar ou comunicar ideas innovadoras que abran novos camiños para a acción no eido cultural.

b. Xerar un banco de ideas innovadoras e creativas para a práctica da profesión como xestores e xestoras culturais.

c. Difundir boas prácticas, casos de éxito, así como erros e posibles solución en programas e intervencións no eido da cultura.

d. Apoiar e dar valor ao traballo dos profesionais das xestión cultural.

e. Establecer un espazo de intercambio, desenvolvemento e difusión de ideas e proxectos.

Requerimentos básicos para participar:

Poderá participar calquera profesional da xestión cultural que achegue unha idea ou presente un proxecto, ben sexa xa realizado ou non, global ou parcial, desenvolvido ou unha idea inicial.

O formato de presentación de ideas e libre, debendo envíalas ao seguinte enderezo electrónico. xestiondacultura@gmail.com

Premios:

Nesta primeira edición do  Concurso de Proxectos e Ideas para a Xestión Cultural non se fará entrega de premios materiais, quedando os premios no recoñecemento e valoración pública ante o noso colectivo profesional. Así, estableceranse dúas categorías con tres clasificacións cada unha.

Concurso de proxectos. (primeiro, segundo e terceiro clasificado)

Concurso de Ideas (primeiro, segundo e terceiro clasificado)

O sistema para a valoración das propostas, sendo algo informal será participativo, baseandose na valoración que fagan os lectores no blog www.xestiondacultura.wordpress.com , nunha primeira fase seleccionaranse os tres proxectos e ideas mellor valoradas, e nunha segunda establecerase a orde definitiva mediante unha enquisa (publica e aberta a todos os lectores).

Prazos

Establécense os seguintes prazos

Ata o 31 de decembro de 2012, envío de propostas.

Ata o 15 de xaneiro de 2013, valoracións no blog.

Entre o 16 de xaneiro e o 1 de febreiro de 2013 votación aos tres primeiros clasificados mediante enquisa.

2 de febreiro: publicación dos resultados finais e recoñecemento dos gañadores.

No mes de febreiro, coas ideas achegadas crearase o un “banco de ideas”.

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: