//
estás a ler...
Uncategorized

AGPXC e Culturgal organizan Compartindo multiplicamos


Imaxe

Compartindo multiplicamos. Mesa de traballo para Axentes Culturais AGPXC e Culturgal organizan Compartindo multiplicamos. Mesa de traballo para Axentes Culturais, un encontro no que falaremos de xeito horizontal sobre financiamento, internacionalización e programación artística. A xornada terá lugar o día 30 de novembro, entre as 10h e as 14h30 e as 16h e as 18h, no Pazo da Cultura de Pontevedra, dentro do marco do Foro Culturgal.

Trátase dun formato participativo, no que poderedes coñecer profesionais doutros ámbitos do sector cultural, tanto galegos como do resto da península e compartir con eles, con elas, experiencias, información e coñecemento.

Algúns dos profesionais galegos que asistirán ao encontro son Vítor Belho, produtor de ideas e responsable de Womex 2014, Inma López Silva, escritora e profesora da ESAD, ou José Manuel Sande, programador do CGAI, entre moitos outros. Entre os convidados e convidadas do resto da península contaremos coa presenza de Jordi Duran, de FiraTàrrega; Víctor Flores, de Red Bull; Cristina Salvador Branera, de aPortada, Fernando Bernúes de Donostia 2016; Margarida Troguet, de Teatro L’Escorxador de Lleida; Cristina Alonso, de Graner; Cristina Riera, da Associació de Professionais de la Gestió Cultural de Catalunya (APGCC); Iguazel Elhombre, de PROCURA (Profesionales de la Cultura en Aragón); ou Rubén Carabaca, da Asociación de Gestores y Técnicos de la Comunidad de Madrid (AGETEC).

Fonte: Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural

Máis información en  http://www.culturgal.com e http://xestoresculturais.org

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: