//
estás a ler...
Uncategorized

Se es xestor/a cultural, tes unha cita en Pontevedra


Culturgal preséntase como o máis completo espazo de encontro e difusión do sector cultural galego, con 70 entidades expoñendo os seus produtos e servizos na Feira, máis de 300 profesionais acreditados/as, unha programación profesional con 40 relatores/as nacionais e internacionais e 140 actividades.Para facilitar a túa visita, preparamos un documento que resume os encontros e actividades  de maior interese para o voso colectivo. Descarga xa o teu Itinerario para profesionais da xestión cultural.
Na web está dispoñible  tamén a Guía para Profesionais en Culturgal, o mapa da feira, con todos os cuartos e  entidades, e máis o programa completo de actividades. Tamén podes descargar o folleto e o dossiere estudalo de vagar… non hai excusa para perderse nada!
Como chegar. Este ano, de novo, Culturgal ten un convenio de colaboración con Renfe, en virtude do cal todas as persoas que collan o tren para acudir á Feira das Industrias culturais poderán beneficiarse dun desconto do 30% no prezo do seu billete. Para facelo, só tedes que descargar e imprimir este documento. Cubrídeo e levádeo á vosa estación ou oficina de venda de referencia. Alí daranvos  o billete co desconto establecido. Iso si, este desconto non é acumulable a ningunha outra oferta e os cambios e anulacións teñen a mesma consideración que os emitidos coa tarifa xeral. Podedes consultar os horarios e tarifas xerais na web de Renfe.Tamén existen múltiples posibilidades para chegar a Pontevedra dende calquera outro punto de Galicia en bus interurbano. Resumímosvolas, cos seus horarios, aquí. Iso si, recomendámosvos que antes de iniciar a viaxe comprobedes que non hai cambios consultando directamente coas empresas que prestan o servizo. Todos os contactos están no documento.Contamos con vós. Recordade que a casa da cultura galega é a vosa casa. Vós tedes a chave
Fonte: Culturgal

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: