//
estás a ler...
Uncategorized

DAFO colaborativo elaborado por técnicos de cultura municipais sobre o sector.


Estes son os resultados provisionais do DAFO colaborativo feito por técnicos de cultura municipais (na mesma liña estamos a traballar nun DAFO colaborativa no sector das artes escénicas e outro no non lucrativo).

A partir de agora abrirase un foro de debate neste mesmo blog (no apartado de comentarios deste artigo) para discutir, modificar ou ampliar este primeiro resultado. Cremos necesario este debate para reforzar o seu aspecto colaborativo, e tamén para correxir ou ampliar as conclusións destes primeiros resultados. Nesta primeira análise fixen unha labor de síntese que poder (sen pretendelo) distorsionar a información dalgunhas achegas.

Presento a continuación un pequeno sesume.

 Oportunidades

Temas máis mencionados: Novas tecnoloxías, a demanda da cidadanía (de cultura), bos recursos (tradición, patrimonio, profesionais, metodoloxía, mesmo infraestruturas). Ler documento completo, e descargar dafo técnicos cultura municipais

Ameazas

Temas máis mencionados: Política, recursos económicos escasos e inestables, dependencia de subvencións, a situación de crise económica. Ler documento completo e descargar dafo técnicos cultura municipais

Fortalezas

Temas máis mencionados: a pontecialidade dos profesionais, o valor do obxecto de intervención ( cultura galega), receptividade da cidadanía, o sector non lucrativo ou a cultura no rural. Ler documento completo  e descargar dafo técnicos cultura municipais

 Debilidades

Temas máis mencionados: Inestabilidade e malas condicións laborais (labor profesional pouco recoñecida, mal pagada, pouco valorada), financiamento da cultura, sector desartellado (heteroxeneo, illado…), Políticas culturais inadecuadas, falta de definición en aspectos básicos das intervencións (metodoloxías, o papel da participación, heteroxeneidade de intervencións), falta de I+D+I, confusión da organización de eventos puntuais con cultura. Ler documento completo e descargar dafo técnicos cultura municipais

Conversa

4 thoughts on “DAFO colaborativo elaborado por técnicos de cultura municipais sobre o sector.

  1. Engado novas achegas como posibles ameazas:
    Creo que o maior obstáculo é a actual situación de crise e recortes, que fai que diminuíran os programas e axudas no eido cultural, deportivo, etc. para concentrar os recursos noutros sectores considerados máis esenciais ou produtivos.

    Posted by ano0 | Decembro 13, 2012, 9:27 am
  2. Chegan máis propostas como posibles oportunidades:
    Os esforzos de cara á profesionalización do sector por parte da administración con
    medidas como a creación de novas especialidades formativas, títulos e certificados
    de profesionalidade. Por exemplo, fai unhas semanas sae no DOG un proceso para o
    recoñecemento da experiencia profesional no eido da información xuvenil.

    A existencia de multitude de recursos culturais, moitos deles sen explotar.

    O crecente interese da poboación e a tendencia á posta en valor dos recursos culturais dos diferentes territorios.
    A situacións negativas, tecnoloxías da información e da comunicación, que da profesión,
    As xeneralización das novas externas poden atentar contra a boa práctica favorece a
    súa que chegado polo difusión.

    Posted by ano0 | Decembro 13, 2012, 9:32 am
  3. Máis ideas relacionadas coas fortalezas:
    Son servizos e proxectos que serven para dinamizar territorios, contribuíndo en gran medida
    á actividade doutros sectores coma a hostelería, etc.

    En Galicia contamos con un gran potencial de recursos culturais.

    O interese polas costumes e cultura galegos é crecente.

    Posted by ano0 | Decembro 13, 2012, 9:39 am
  4. Novas ideas para o epigrafe “debilidades”:
    En lugares de carácter rural, con características semellantes á maioría dos concellos galegos, hai un gran obstáculo que é a dificultade de organizar eventos ou actividades culturais que sexan de interés para un número razonable de persoas. Isto ten tres consecuencias:

    A súa escasa repercusión e éxito.

    A súa insostibilidade, xa que aínda que non se trate de servizos ou proxectos dun custo
    elevado, resultan moi caros en relación aos usuarios.

    A apatía que acaba provocando nos organizadores xestores destas actividades e proxectos de cara a novas edicións, formatos, ideas, etc.

    Posted by ano0 | Decembro 13, 2012, 9:43 am

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: