//
estás a ler...
Concurso de Ideas e Proxectos, Uncategorized

PROXECTO SOCHEO


Proxecto Socheo, entra a participara no concurso de “ideas e proxectos” e tamén pasa a formar parte do  “banco de ideas innovadoras” para a cultura. Apuntamos aquí unha breve descripción da idea, recomendando a lectura detallada do proxecto neste dossier.

PROXECTO SOCHEO é un intento de contrarrestar nalgunha medida o impacto do esquecemento que produce o paso do tempo na Guarda e no Baixo Miño. Por medio desta canle preténdese xuntar nunha mesma plataforma todas aquelas imaxes que supoñan un reforzo para evitar a fraxilidade da memoria colectiva.

Vivimos en tempos onde a diario se desbota unha chea de material audiovisual e aquí pretendemos xuntalo e preservalo para, deste xeito, axudar a enriquecer o patrimonio da Guarda. Unha maneira de repensar o pasado, facelo presente e redimensionalo para o futuro.

A intención deste proxecto é convidar a quen posúa imaxes da Guarda e das súas xentes a que amose os seus arquivos e con eles axude a engrosar este proxecto común.

PROXECTO SOCHEO tamén quere ser estímulo e punto de arranque para que as institucións pertinentes deseñen e poñan en marcha o Arquivo da Imaxe da Guarda, onde alén do audiovisual tamén teñan cabida os importantes fondos fotográficos espallados pola Guarda.

Máis informaicíón: http://proxectosocheo.wordpress.com/ ,  www.youtube.com/user/proxectosocheo2012 ,  www.facebook.com/proxecto.socheo

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: