//
estás a ler...
Uncategorized

DAFO colaborativo sobre o sector das artes escénicas.


Resultado preliminar da análise DAFO colaborativo sobre o sector das artes escénicas, desenvolvido por profesionais do sector. Podes descargar aquí o documento en PDF

Oportunidades

  • botonDafoDespois duns anos de moitas producións ,moitas compañías, etc, que nalgúns casos era difícil absorber pola ”poboación teatral”, penso que se está a facer unha “limpeza de producións” (nalgúns casos para ben e noutros,por desgraza para mal).
  • A única oportunidade que observamos é a necesaria selección de proxectos profesionais e  compañías e distribuidoras ben xestionadas como única vía de continuidade no sector.
  • Facer producións, no só para o espazo teatral, senón tamén en outros “espazos escénicos”: en empresas, en museos,en fundacións, etc
  • Outra fundamental sería contar, por fin, cunha escola como a ESAD que vai subir moito o nivel dos novos actores, produtores e xente en xeral dedicada ao teatro. Algo que fará medrar moito o nivel indiv
  • idual e grupal en Galicia.
  • Cambios tecnolóxicos: hoxe en día a “típica visita” aos programadores tamén pode apoiarse cun “link de venta” para eles
  • As redes sociais chegan a moita xente e publicitan tanto ou máis que pegar 500 carteis nunha vila.
  • Os recortes en cultura obrigan a pensaren producións de formato mediano-pequeno
  • Negociar con concellos que, se non poden pagar o 100% do caché, que paguen unha parte, e a partires de ahí a taquilla.

Ameazas

  • Apartado interminable:
  • A falta de axudas públicas á produción, pero especialmente á distribución debido á redución de orzamentos públicos no sector cultural.
  • As dificultades de saír adiante que se atopan novas compañías e proxectos que queiran crearse neste momentos.
  • A pre-caridade na que nos movemos a nivel de salarios, condicións técnicas claramente insuficientes no 80% dos Concellos galegos. Rebaixas de caches, salarios e condicións.
  • Os concellos programan máis espectáculos de menor calidade (de cachés moi baixos,nalgúns casos)…o que ocasiona a dificultade de fidelizar públicos, xa que estes, ao ollar algunha función de pouca calidade deixan de voltar ao teatro.
  • Retraso no cobro das facturas, frea a viabilidade dos proxectos
  • Unha Xunta de Galicia que reduce orzamentos, circuítos culturais, as condicións da Rede Galega de Teatros, que saca unhas axudas insultantes onde obriga ás compañías a reducir un mínimo dun 30% do seu cache para optar ás mesmas, etc. compañías co persoal sen estar dados de alta, contratados, etc,
  • “Desprofesionalizan” ao sector (entendendo que hoxe en día é difícil manter eses custes de produción)
  • Modelo para as compañías deriva no traballo á billeteira coas dificultades de que: em Galicia nunca se fixo un traballo de creación de públicos serio (agás honrosas excepcións), hai moitos Concellos pequenos para os que será imposible calquera programación cultural, só os formatos mais pequenos e televisivos poderán sobrevivir, as compañías facturarán con modelos menos transparentes debido ao risco que asumen, á subida do ive e de propia supervivencia o que significa moitos menos ingresos para as arcas estatais.
  • Un sector excesivamente local e case dependente ao 100% do mercado galego.
  • A división e pouca implicación a nivel asociativo entre disciplinas e especialidades que impide un tecido forte de reclamación de dereitos e condicións.

Fortalezas

  • Imaxe de unión, aínda que non sexa totalmente así..a sociedade ten ao sector escénico..”os teatreiros”… como un sector que protesta e non cala ante as inxustizas, recortes, etc
  • Un sector acostumado a soportar dificultades e que como xa non estaba case profesionalizado pode sobrevivir cos segundos traballos e actividades dos seus membros.
  • Vantaxes con respecto a outros sectores (os produtos pódense representar en moitos lugares, ademais ca no teatro..os novos guións pódense adaptar a eses novos espazos).
  • Buscar outros patrocinios… colaboracións…. non só institucionais…buscar empresas, etc
  • Uso de formatos pequenos que soportan unha menor cantidade de custes e endebedamento.
  • Facer máis coproducións (entre varios, os custes de produción repártense)
  • As actividades culturais sempre teñen unha páxina nos xornais…aínda que pouco é,  lomenos serve para seguir tendo un pequeno escaparate (outros sectores sociais non o teñen).
  • Unha creatividade e capacidade de adaptación importante por parte de gran parte da profesión.

Debilidades.

  • Pouco nivel profesional a nivel de xestión de moitas das compañías. Incorrecta valoracións de custos e riscos, niveles de produción moi baixos, estudos de mercados inexistentes.
  • Máis unión entre sectores (teatro, danza, música, maxia, circo)…quizáis sexa necesario unha comisión global, con representantes por igual, dos cinco sectores.
  • Unha despreocupación moi grande pola distribución de espectáculos, especialmente a nivel estatal e internacional.
  • Moitas obras teñen pouco público…moitas veces falla a promoción..nin o concello publicita moito o evento, nin a compañía contratada se preocupa de facer unha promoción previa.
  • Un panorama de axudas e distribución xerárquico e moi polarizado nun pequeno número de compañías e programadores que manexan o sector deixando pouca cabida a novas iniciativas, compañías e xeitos de facer as cousas.

Conversa

8 thoughts on “DAFO colaborativo sobre o sector das artes escénicas.

  1. Engado estas ideas para engadir as oportunidades:

    Aproveitar a vixencia das artes escénicas como instrumento de traballo nos diferentes niveis dos ámbitos educativo, cultural, social, científico, etc.
    Tentar establecer redes de colaboración con profesionais doutras manifestacións artísticas.
    Ley de mecenazgo
    Ordenación do ensino das artes escénicas dende o nivel escolar

    Posted by ano0 | Xaneiro 13, 2013, 10:34 pm
  2. Marco laboral ríxido, empresas non consolidadas ou con escasa capacidade financieira, capacidade limitada de distribución interna e externa. Mercado cultural ríxido, inestable, limitado, …
    Excesiva (total) dependencia do sector público (Concellos, gobernos autonómicos, …) para acadar financiación, distribuir , etc.
    Mala imaxe da xestión das empresas.
    Escasa integración do sector. Nula xestión colectiva
    Escasa mobilidade (colaboración entre empresas e/o profesionais).
    Defectuosa ordenación da formación en artes escénicas.

    Posted by ano0 | Xaneiro 13, 2013, 10:36 pm
  3. Como fortalezas engadense:
    Profesionalidade
    Creatividade
    Experiencia
    Innovación
    Logros específicos das artes escénicas para público infantil

    Posted by ano0 | Xaneiro 13, 2013, 11:03 pm
  4. Novas achegas como posibles debilidades:
    Atomización das unidades de producción
    Uniformidade nas propostas artísticas
    Desconexión con outras manifestacións artísticas, culturais e con outros ámbitos extraculturais (endogamia).
    Dificultade de autofinanciación ou de acceso a financiación privada de proxectos.
    Escasa innovación na xestión cultural. Falta de mobilidade

    Posted by ano0 | Xaneiro 13, 2013, 11:06 pm
  5. Engadimos posibles oportunidades
    Capacidade de adaptación á situacións adversas que favorece a revisión de prezos e a posibilidade de crear novas formas de venta mixtas nas que a participación do público sexa máis activa
    A mellora dos equipamentos escénicos facilitan o traballo e axudan a rebaixar costos.
    A residencia estable dunha ou varias compañías nun espacio sempre é favorable.
    Pode favorecer, sempre que sexa de forma paulatina e tendo en conta que as artes escénicas son un ben cultural e educativo necesario para a sociedade, o desprenderse da forte dependencia con respecto as entidades públicas, e a incorporación máis activa dende o punto de vista económico de entidades privadas e os propios espectadores.

    Posted by ano0 | Xaneiro 13, 2013, 11:18 pm
  6. Máis ameazas:
    A falta de diálogo coas institucións. A desaparicición de entidades privadas que xestionaban actividades culturais e sociais.
    A desaparición de programacións culturais, a baixa nos presupostos doutras. A incerteza de novo nas convocatorias non só nos prazos, senón tamén nos requisitos. O clima xeral de crise de valores e de crise económica.
    A visión das artes escénicas só como un obxecto de ocio, desprezando a súa labor cultural, educativa, de conservación do uso das linguas, de reflexión social, etcétera.
    A competencia desleal é unha ameaza para o desenvolvemento normalizado da profesión.
    A precariedade no traballo non favorece o desenrolo e enriquecemento artístico dos espectáculos.

    Posted by ano0 | Xaneiro 13, 2013, 11:19 pm
  7. Máis fortalezas:
    Sector máis solidario e reivindicativo do que parece, aínda que non estea nos seus mellores momentos de unidade.
    Sector con bastante capacidade de adaptación a circunstancias adversas, con unha respectable implantación ó longo dos anos entre as actividades culturais dos galegos.
    Era a única actividade na que o galego estaba normalizado no seu uso.
    Políticas coordinadas entre diferentes institucións e entidades tanto públicas como privadas.

    Posted by ano0 | Xaneiro 13, 2013, 11:21 pm
  8. Novas ideas achegadas como ameazas detectadas no sector:
    Sector que aínda que é bastante reivindicativo e acostumado ó traballo en grupo, ás veces adoece de certa pasividade e covardía.
    Se debe evitar a competencia desleal e a desunión.
    Se debe recuperar o dialogo de tódolos axentes que participan na producción e distribución coas diferentes institucións e entidades para buscar canles e formas de distribución máis axeitadas, lóxicas, económicas e rentabeis para todos.
    Evitar factores como a inestabilidade das programacións, a descoordinación entre axentes culturais, a dependencia excesiva de vicisitudes e cambios políticos, a improvisación e a falta de políticas racionais de gasto e consumo.

    Posted by ano0 | Xaneiro 13, 2013, 11:22 pm

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: