//
estás a ler...
Uncategorized

PROGRAMA GALERÍA MULLERES


O Proxecto “Galería Mulleres”,  participa no concurso de “ideas e proxectos” e entra no  ”banco de ideas innovadoras” para a cultura. Presentamos  aquí unha breve descripción do mesmo, recomendando a lectura detallada do proxecto neste dossier “Programa Galería Mulleres

EXPRICACIÓN BREVE SOBRE O PROGRAMA:

Este programa leva funcionando no Concello de Muxia dende marzo do 2010.

“Galería Mulleres” do Concello de Muxía destaca cada mes o labor dunha muller no mundo das artes, as letras, a ciencia, etc….

Cada mes escollemos a protagonista e elaboramos un cartel no que aparece a súa imaxe, datos sobre a súa biografía e a súa obra, enlaces web onde pode ampliarse información e unha lista dos libros dispoñibles na nosa Biblioteca da Muller que sexan de esa autora, no caso de que sexa escritora, ou libros relacionados con ela ou coa súa área de traballo.

descargaEstes carteis repártense por todo o municipio e envíanse aos centros educativos.

Ademáis hai un espazo na web do Concello onde se colga o cartel e unha breve escolma da obra da muller á que se lle dedica o mes.

Toda esta información é enviada cada mes á prensa e a radio para que se fagan eco dela.

Temos aquí como exemplo a súa presenza no dixital Que pasa na costa, onde se pode facer un seguimento de tódalas mulleres ás que se lles dedicou a Galería.

No caso de mulleres galegas coas que poidamos contactar, contactamos antes de facer os carteis, por se a propia autora quere destacar algo no seu cartel ou quere enviarnos a fotografía para o mesmo. Este contacto directo coa autora é moi importante , ademáis, como forma de difusión do programa.

GALERÍA MULLERES nace co obxectivo de visibilizar a aportación da muller á historia da humanidade, ao mundo das ideas, das artes, das ciencias…ámbitos nos que tradicionalmente apareceu infrarrepresentada.

Ao mesmo tempo serve como difusión do servizo da BIBLIOTECA DA MULLER, servizo integrado dentro da Biblioteca Municipal de Muxía dende finais do ano 2008.

A Biblioteca da Muller inclúe obras escritas por mulleres, sobre mulleres ou sobre temáticas que afectan á muller …así hai obras sobre feminismo, obras sobre filosofía, antropoloxía, arte, literatura infantil, poesía, novela…. escritas por mulleres ou que aborden todos estes temas dende unha perspectiva de xénero.

 

Conversa

3 thoughts on “PROGRAMA GALERÍA MULLERES

  1. Paréceme unha idea xenial. Parabens

    Posted by María Xesús Díaz | Xaneiro 17, 2013, 12:29 pm

Trackbacks/Pingbacks

  1. Pingback: Tres proxectos pasan a fase final I Concurso de Proxectos « Xestión Cultural - Xaneiro 15, 2013

  2. Pingback: O proxecto Buserana gaña o “Concurso de Proxectos e Ideas para a Xestión Cultural” « Xestión Cultural - Febreiro 5, 2013

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: