Tres proxectos pasan a fase final I Concurso de Proxectos


Tres proxectos pasan a fase final  I Concurso de Proxectos e Ideas para a Xestión Cultural: Proxecto Socheo, Proxecto Buserana e Programa Galería Mulleres.

A partir de hoxe 16 de xaneiro e o 4 de febreiro (modificouse esta data, inicialmente plantexada para o 1 de
febreiro) ábrese un período de votación aberta mediante enquisa.

O método é moi informal e non excesivamente rigoroso, pero axeitado á filosofía que inspira a convocatoria
e desenvolvemento do concurso, baseada na colaboración e non tanto na connotación competitiva que ten o termo “concurso”.

A finalidade é a de compartir e difundir ideas que poidan inspirar novas prácticas e intervención no ámbito cultural. Neste senso pódese valorar moi positivamente o resultado acadado ata agora, non foron moitas a propostas, máis si o foi a calidade dos proxectos presentados, só fai falta lelos para comprobalo. Proxectos culturais interesantes, transformadores e transferibles en moitos aspectos a outras realidades e territorios.

Tamén é de destacar o valor da participación nun contexto pouco favorable, un concurso sen premio, sen organización formal, e sen a garantía dunha institución recoñecida que o avale. Indicio da capacidade da organización informal do noso colectivo e a boa e poderosa vontade de profesionais e axentes culturais, dispostos a crear proxectos innovadores e útiles, que demostran a importancia da cultura para o desenvolvemento de calquera comunidade humana.

Solicitamos agora a participación de todos os lectores do boletín “XC” e do blog xestioncultural.wordpress.com para completar esta última fase do concurso, decidindo cal dos tres proxectos vos gusta máis, a enquisa está activa aquí.

Non esquezades lelos primeiro coa consideración que merecen, en https://xestioncultural.wordpress.com/concurso-de-ideas-e-proxectos-para-a-cultura/ 

Advertisements

Unha opinión sobre “Tres proxectos pasan a fase final I Concurso de Proxectos

Comentarios pechados.