O proxecto Buserana gaña o “Concurso de Proxectos e Ideas para a Xestión Cultural”


O concurso organizado neste blog consegue reunir como gañadores tres interesantes proxectos. Os

proxectosnoventa votos conseguidos na fase final danlle ao Proxecto Buserana o primeiro premio, quedando o segundo para o Proxecto Socheo que chega aos sesenta na votación popular, e o terceiro o Programa Galería Mulleres.

Dende a organización deste concurso quero agradecer de xeito público aos autores e colaboradores destes proxectos, a súa participación e o xeito no que o fixeron. O seu bo facer e a calidade do seu traballo, transformaron unha iniciativa inestable, con base feble e marcada pola incerteza, nunha experiencia moi positiva, que alcanza os seus principais obxectivos e senta liñas de traballo futuro.

Os tres proxectos seguen activos, poñendo en valor a realidades culturais e creatividade na xestión cultural. Tamén seguen activos neste blog, formando parte agora do “banco de ideas innovadoras”,  ideas para consultar e inspirar outras, abrindo camiño a novas achegas que compartir.

Advertisements