//
estás a ler...
Uncategorized

XVI CONCURSO DE POESÍA “CONCELLO DE CARRAL”


carralO Concello de Carral convoca unha nova edición do Concurso de Poesía “Concello de Carral”. Cun premio único de 2.000 euros, poden optar ao premio todos os autores/as maiores de idade e de calquera nacionalidade, sempre que o seu traballo se presente escrito en lingua galega. Non podendo participar anteriores gañadores/as deste concurso.

Os traballos serán orixinais, inéditos e non premiados noutros concursos no momento das deliberacións do xurado, e cunha extensión non inferior aos 500 versos.  Presentaranse por triplicado, mecanografados a dobre espazo por unha soa cara, debidamente grampados ou encadernados, e coas páxinas numeradas. Cada copia dos traballos presentaranse cunha portada na que figuren o título da obra e o lema ou alcume do autor/a, coincidindo no exterior co sobre pechado que debe acompañar á obras, e que conterá no interior o nome e apelidos do autor/a, DNI, enderezo, número de teléfono, correo electrónico e un breve currículo.

As obras presentaranse na Biblioteca Pública Municipal de Carral, no prazo de admisión, aberto do 30 de xaneiro ao 6 de abril de 2013.

 Bases do concurso

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: