O Concello de Carballo convoca o IX Premio a artigos xornalísticos normalizadores


carballoO Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Carballo convoca o IX Premio a artigos xornalísticos normalizadores. O certame xa consolidado conta co apoio de vários de medios de comunicación.

Ten como obxectivos:

  • Promover a reflexión sobre a situación social da lingua galega.
  • Crear espazos nos xornais para analizar e fomentar o uso e prestixio do idioma galego.
  • Promover o seu uso na prensa.

Pódense presentar artigos xornalísticos inéditos de opinión que traten algún tema concreto relacionado coa situación sociolingüística do noso país, co fomento da lingua galega, co seu estatus, co argumentario a prol do uso do galego…

O prazo de admisión está aberto ata o 11 de abril de 2013. Outorgarase un premio económico ao artigo gañador, dotado con 1.000 euros, ademais da difusión nos doce medios colaboradores coa iniciativa.

Advertisements