//
estás a ler...
Uncategorized

A Asociación de Xestores Culturais comparte un documento de debate arredor da situación da cultura


  • Diapositiva1A Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural nace en maio de 2008 como un espazo de encontro e reflexión profesional. ctualmente forman parte da asociación 61 xestores culturais rivados, técnicos municipais e responsables de espazos culturais, tanto do eido público como do privado.
  • O documento reflexa preocupacións e reflexións arredor da ituación actual da cultura en Galicia e preséntase coa intención de ompartir e seguir debatendo con máis colectivos e administracións públicas.
  • A diagnose principal é que está en perigo o dereito da cidadanía a acceder de xeito igualitario á diversidade cultural e ao coñecemento.

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 5 DE MARZO DE 2013. Nos últimos tempos estamos a resenciar como a crise económica está a servir de coartada para desmantelar as estructuras culturais e poñer en perigo o dereito da cidadanía a acceder de xeito igualitario á cultura e ao coñecemento.

Advertimos tamén que as medidas curtopracistas que se están a tomar non solucionan os problemas estructurais da economía e da nosa sociedade, todo o contrario, están a acelerar a desaparición de estructuras, iniciativas e redes que si funcionan ou funcionaban e que será moi difícil volver a recuperar.

O mundo da cultura non vive allea ao momento económico que afecta a toda a sociedade. Os axustes orzamentarios en si mesmos non son o problema principal, sonno se están acompañados de improvisación, falta de análise das súas repercusións, ausencia de estratexias alternativas e en demasiadas ocasións, se connotan un abandono de funcións. Todos estes erros son críticos cando os toma un cidadán, un profesional ou unha empresa e sonno máis cando se producen en administracións públicas.

Outra tendencia preocupante é que os axustes se realicen en áreas esenciais para unha
sociedade que pretenda ser sostible, solidaria e con opcións de futuro. Estamos a falar dos servizos sociais, a sanidade e os tres alicerces da sociedade do coñecemento: a educación, a ciencia e a cultura.

Ler o documento: 2013_03_05-AGPXC-que_facer_coa_cultura?

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: