//
estás a ler...
Uncategorized

“Galicia Encantada” premio ao fomento da lectura.


O xurado da edición XXII dos Premios Irmandade do Libro que convoca cada ano a Federación de Libreiros de Galicia, acordou por unanimidade conceder o Premio Irmandade do Libro 2013, modalidade de Fomento á Lectura ao proxecto de Galicia Encantada.

O acto de entrega tivo lugar o sábado, 20 de abril de 2013, na Casa de Cultura de Monforte de Lemos.

O recoñecemento foi concedido “en virtude da gran dinamización realizada a nivel social da tradición oral galega, por manter vivo o mundo mítico galego, contando cun amplo apoio bibliográfico, polos contidos continuamente actualizados, por converterse nunha fonte de referencia para os centros de ensino, por divulgar o patrimonio cultural galego, por servir de medio de recolección de diferentes historias, polo rigor e a capacidade de investigación, por ser precursora na sistematización da memoria mítica galega”.
Desde GE agradecemos este premio que, en xustiza, pertence tamén aos colaboradores que desde distintos ámbitos contribúen a manter vivo este proxecto, e aos lectores que día a día se achegan a esta fiestra virtual co ánimo de coñecer, de saber e de compartir a “alma” dun país e das súas xentes.

Información extraidad de Galicia Encantada: http://www.galiciaencantada.com/dentro.asp?c=0&id=2259 

 

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: