//
estás a ler...
Sociocultura, Uncategorized, Xestión Cultural

Unha rede social específica para a cultura


grafoPode ter interese unha rede social específica para a cultura? En pouco tempo se porá en marcha unha rede social cultural, comentase neste artigo o porque da mesma, e sobre todo abrimos o debate sobre o interese que pode ter para o sector.

Desde un comezo, a creación deste blog hai xa mais de dous anos, da newsletter hai seis,  ou da presenza en redes sociais no presente, pretendíase articular unha estratexia que permitira relacionar elementos soltos, illados, separados, e dotalos dun sentido compartido que lle des valor e forza para a transformación de certas realidades culturais.

Isto plantexábase e plantéxase en dous niveis, un os propios elementos da acción de difusión e comunicación, na que non se buscaba a suma simple dos diferentes medios, se non unha estratexia dixital na que cada elemento gañara valor apoiándose non outros. Pero isto, non era máis que un medio que facilitara a acción noutro nivel, o de multiplicar esforzos entre persoas e profesionais da cultura, dun xeito similar xerar valor mediante a colaboración, cooperación, participación, compartindo información, consensuando ideas, posicionamentos…

Dun xeito inxenuo, case infantil, o plantexamento podíase resumir en algo así como: se dez, vinte, cincuenta ou cen xestores culturais, crean e comparten cada un un artigo (con opinión, proxectos, ideas, propostas…), teriamos un espazo que da nada pasaría a ser valioso porque:

Sería participativo, isto é un valor en si mesmo.

Sería dinámico, con un volume de achegas totais moi importante.

Evidenciaría consensos (e desacordos), e polo tanto puntos de apoio para toma de decisións, reivindicacións e forza aos posicionamento do colectivo profesional.

Cohesionaría ao grupo, coñecedor das ideas compartidas con outros colegas.

Dotaría de coherencia, integraría en marcos máis amplos actitudes e accións que sendo individuais non teñen valor ata que son consideradas comúns.

A inxenuidade non sempre ten a capacidade de transformar a realidade, e a  idea infantil da que partía non chegou a desenvolverse segundo o esperado. E pois necesario dar un paso máis e seguir camiñando, engadindo máis recursos a estratexia inicial. Así, e en breve, esta prevista a creación dunha rede social especifica para o sector cultural, que con funcionalidades similares ás que pode ter por exemplo facebook, cada integrante poida editar perfís, establecer relacións, espazos wiki, colgar e compartir documentos,  fotografías, vídeos, información sobre o seu traballo ou proxectos …

Esperamos que este novo espazo favoreza a participación e dinamice o intercambio de información. Pero antes é importante resolver unha cuestión, realmente pode ter interese unha rede social específica para a cultura? Cal é a túa opinión?

Que vantaxes e desvantaxes pensas que poder ter unha redes social cultural fronte a unha xeralista?

A marxe da resposta á enquisa gustaríanos saber que opinas sobre o tema, e que características pensas que debe ter.

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: